«Mover os Marcos» é o podcast sobre o territorio galego. Un recuncho audiovisual que pon o foco en grandes e pequenas cuestións da nosa xeografía e que dá voz a diferentes persoas que teñen moito que contarnos sobre ela. Todo isto conxugado coa historia, as tradicións e a política, entre outros, para crearmos unha comunidade… Seguir lendo Mover os Marcos
Etiqueta: Divulgación
Conversando con …
Conversando con… é unha iniciativa sonora da web www.xulipedia.com, creada por Xulio Simón co apoio técnico de Luís Losada. xulipedia.com é unha base de datos organizada por ordecronolóxica, con información da literatura galega e das outrasliteraturas románicas peninsulares e mais da literatura universal.Trátase dun proxecto vivo que promove o recoñecemento daexcelencia e relevancia da cultura… Seguir lendo Conversando con …
Pedaladas
“Pedaladas”, un podcast sobre desprazamentos en bicicleta, ciclismo e formas alternativas para movernos por Galicia. Amodiño, sempre mellor… Pedaladas é un programa para falar dos desprazamentos en bicicleta, do seu impacto social como medio de transporte. Exploraremos diferentes temas, como as infraestruturas ciclistas nas cidades galegas, as iniciativas comunitarias para fomentar o uso da bicicleta,… Seguir lendo Pedaladas
Estrelados na Estratosfera
Durante unha misión espacial unha nave choca contra un globo meteorolóxico situado na estratosfera. Por sorte, os seus dous tripulantes logran lanzar a súa cápsula a tempo facendo que esta entre en órbita a uns 20 km da superficie da terra. Por desgraza esa situación supón un reto para a base de operacións xa que… Seguir lendo Estrelados na Estratosfera
Estremonía
Benvidos a Estremonía! O podcast onde falamos de como (mal)tratamos o noso Patrimonio Cultural. Chapuzas, cafradas, feísmo e esquecemento. Todo dunha forma amena, cun pouquiño de humor e intentando entender por que acontecen estas cousas e que podemos facer para evitalo.
1 dia, 1 jogo
Un micropodcast de Recuncho Gamer no que en cada programa pararemos nun videoxogo e que supón para as distintas persoas que irán pasando por este espazo.
Onda Ciencia
ONDA CIENCIA é un proxecto de divulgación científica en formato radiofónico, realizado conxuntamente por CUAC FM e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña (Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte). ONDA CIENCIA aborda diferentes temáticas de actualidade dende unha perspectiva crítica e baseada na evidencia científica. O formato do programa é… Seguir lendo Onda Ciencia
Radio Xerigonza
Radio Xerigonza é un podcast onde falamos de todo e de nada. Pero non te vaias pensar, porque traemos a lección aprendida! A cousa é simple: en cada episodio cada un de nós prepara un tema que lle interese e contámosllo ao outro. Fácil, non si? Pois veña!
Galiportus
Galiportus é un podcast que busca redefinir o coñecemento xeral acerca das intensas relacións socioculturais existentes entre Galiza e Portugal. Contidos de actualidade, lingua, historia e historias, natureza, turismo, patrimonio, protagonistas da música ou da cultura. Lendas, xentes, ideas. Proxectos e realidades transfronteirizas. Todo en clave galaico-portuguesa.
Violentos Anos Vinte
Isto é un podcast sobre música galega. E non calquera música: a dos novos anos vinte, que xa non son felices, senón violentos. Buscamos ser un espello do que está sucedendo ao noso carón: grupos tocando nos locais das nosas cidades e artistas novos creando música na súa habitación. Queremos habilitar un espazo aberto á… Seguir lendo Violentos Anos Vinte
A Estación Cultural
Este podcast xorde da nosa radio aberta e participativa. Buscamos facer visible o invisible e utilizar a fala como ferramenta dinamizadora e mostrar a diversidade da nosa cultura. Convidámosvos a escoitar as entrevistas que fixemos dende a Estación de Santa Cruz de Ribadulla en Vedra.
As miñas Dúbidas da Internet
Respostas a preguntas habituais, pero dadas por alguén pouco habitual.
Orgullo Galego
Orgullo Galego chega tamén a Ivoox para ir subindo pouco a pouco todas as conversas que emitimos en Twitch e quen sabe se nun futuro realizar conversas en exclusiva para o Ivoox.
Que din os rumorosos…
Que din os rumorosos… arroutadas da historia de Galicia é unha serie de podcast producida polos portais web http://historiadegalicia.gal/ e https://rutasdehistoria.com/ e coordinados polo xornalista Xurxo Salgado. O seu obxectivo é recuperar a memoria do noso país. Trátase dunha iniciativa que nace sen ataduras nin subvencións de ningún tipo. Un proxecto independente que tenta contar… Seguir lendo Que din os rumorosos…
Espazo Brétema
Un espazo onde falar de arte e cultura en galego de maneira didáctica e distendida. Un lugar onde coñecer sobre o mundo da Historia da Arte e aprender xuntas.
Voces do CEXEF
Podcast do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña. Unha pílula sonora que se achegará ás diversas liñas, temáticas e perspectivas -no ámbito dos estudos de xénero-feministas- que se están a tratar no CEXEF a través das voces das súas investigadoras.
A Viva Voz Galega
Espazo sobre saúde mental, emocional e física. Isabel Pichel entrevista a especialistas en materia de psicoloxía, psiquiatría, intelixencia emocional, entre outros, e tamén conversa con persoas que teñen unha historia de superación persoal.
A maçã da Eva
Dúas mulleres que pasan dos corenta falan abertamente e con moita retranca de sexo e relacións afectivas.
Conexión.gal
Conexión.gal é un programa producido por Praza.gal e VINTE e conducido por Ana G. Liste para dar voz á nova emigración galega. Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Falar Sen Saber
Falamos de merdas os domingos, pero en galego. Estamos en iVoox e Spotify, para que non nos escoitedes aló tampouco! Si, somos cutres.
Ciencia e tal
Espazo multisección de divulgación científica en Twitch e en galego. Ciencia, si, pero doutra maneira. Con Paula Otero e Iván Varela.
Rúa Revolta
Rúa Revolta é un podcast e programa de radio que pode ser escoitado en Radio Fene (13:35 e 14:35h de luns a venres) e en Radiofusión (20h de luns a venres). Falamos sobre a sociedade e cultura actuais desde unha perspectiva de xénero. Conducido por Uxía Castro.
Agrupación Xosé Velo
Somos un grupo de persoas, de diferentes referencias ideolóxicas, interesadas en coñecer e espallar a situación en Latinoamérica -que está a vivir un dos seus momentos históricos máis tensos e esperanzadores- así como as súas causas e consecuencias. A Agrupación Xosé Velo, ten como obxectivo básico espallar información veraz da realidade política, social, cultural e… Seguir lendo Agrupación Xosé Velo
A Palleira
Un programa de entrevistas no que atoparás conversas de persoas da cultura e da nosa contorna. Falamos arredor de cousas interesantes das súas vidas, pero tamén do cotián.