Premios literarios UVigo

Podcast dos Premios Literarios da Universidade de Vigo. Cada ano, coincidindo coas Letras Galegas, a Universidade de Vigo presenta unha serie de audiolibros cos textos gañadores dos Premios Literarios UVigo nas categorías de poesía, relato curto e tradución á lingua galega. Este podcaste é un espazo para gozar da creatividade literaria en galego, coñecer o… Seguir lendo Premios literarios UVigo

Vinte de Foliada

Vinte de Foliada é un proxecto documental co que nos achegamos á tradición máis actual. As pandeiretas, gaitas, bailes e cantos resoan con forza en escolas, asociacións, parques ou mesmo pubs, onde se xunta persoas de todas as idades para gozar e participar da música tradicional. O ‘tradi’ vive un momento doce e ocupa espacios… Seguir lendo Vinte de Foliada

Rescate en audio

Un programa no que socias e socios de GÁLIX rescatan aos nosos clásicos e aquelas obras da nosa literatura infantil e xuvenil. Deste xeito, pretendemos darlles espazo aos libros que, sen seren novidades recentes, dalgún xeito deixaron pouso e marcaron o camiño no que é o LIXG actual. Compartimos estas achegas e agardamos polas vosas… Seguir lendo Rescate en audio

Podcast Letras Galegas UVigo

A Universidade de Vigo súmase á celebración do Día das Letras Galegas cunha serie de episodios especiais nos que compartimos os audiolibros dos textos gañadores dos Premios de poesía, relato curto e tradución do concurso organizado pola Área de Normalización Lingüística (ANL). Unha aposta pola creatividade literaria en galego e pola difusión do talento da… Seguir lendo Podcast Letras Galegas UVigo

Tanto Que Contar (TQC)

Tanto Que Contar (TQC) é un videopodcast en galego con invitados/as e contido de valor, presentado por Noa García e dirixido e producido por wecom. TQC xorde co propósito de converterse nun espazo de intercambio de coñecemento a través de conversas distendidas orientadas a entreter, inspirar, informar e formar. O principal valor desta iniciativa son… Seguir lendo Tanto Que Contar (TQC)

Mover os Marcos

«Mover os Marcos» é o podcast sobre o territorio galego. Un recuncho audiovisual que pon o foco en grandes e pequenas cuestións da nosa xeografía e que dá voz a diferentes persoas que teñen moito que contarnos sobre ela. Todo isto conxugado coa historia, as tradicións e a política, entre outros, para crearmos unha comunidade… Seguir lendo Mover os Marcos

Conversando con …

Conversando con… é unha iniciativa sonora da web www.xulipedia.com, creada por Xulio Simón co apoio técnico de Luís Losada. xulipedia.com é unha base de datos organizada por ordecronolóxica, con información da literatura galega e das outrasliteraturas románicas peninsulares e mais da literatura universal.Trátase dun proxecto vivo que promove o recoñecemento daexcelencia e relevancia da cultura… Seguir lendo Conversando con …

Pedaladas

“Pedaladas”, un podcast sobre desprazamentos en bicicleta, ciclismo e formas alternativas para movernos por Galicia. Amodiño, sempre mellor… Pedaladas é un programa para falar dos desprazamentos en bicicleta, do seu impacto social como medio de transporte. Exploraremos diferentes temas, como as infraestruturas ciclistas nas cidades galegas, as iniciativas comunitarias para fomentar o uso da bicicleta,… Seguir lendo Pedaladas

SONUVigo

SONUVigo é unha serie de podcasts corporativos propios da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo nos que, a través de reportaxes, entrevistas e relatos, se achegan ás e aos oíntes as historias que día a día fan UVigo. SONUVigo, unha denominación que, por unha banda fai referencia á materia prima do… Seguir lendo SONUVigo

Um T com Nee

Com este podcast, @neeumatiko recolhe a mudança da sua voz em testosterona. Assim, cada episódio explora um rito de passagem duma cultura diferente, com uma voz um pouquinho mais grave. Porque todes estamos sempre a transicionar. Tes 25 minutos? Pois vem tomar um té com Nee.

A língua em décadas

Podcast da AGAL em formato de entrevistas criado para comemorar os 40 anos de oficialidade da nossa língua na Galiza. Charo Lopes conversa em volta da língua com diferentes pessoas que, nesta matéria, caracterizam uma determinada década. Nelas queremos contemplar com uma visom o mais transversal possível da sociedade galega e as suas e circunstâncias… Seguir lendo A língua em décadas

As Bichas

As Bichas somos Rosi & Sofi. Xornalistas serias que neste podcast facemos de reporteiras dicharacheras. Sobreanalizamos temas que nos resoan e para os que nin nós mesmas temos respostas. Se cadra non as hai.

Canto Conto

Que é Canto Conto? Son MJ Pérez, coñecida pola miña faceta como cantautora mais son comunicadora tamén. Quero compartir co público dun xeito próximo e entretido a realidade dos nosos camiños e do noso traballo. Converso con persoas que para min son de grande interese por diversos motivos e só agardo que atopedes nestas conversas… Seguir lendo Canto Conto

Os contos da miñoca

O podcast do Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Coordina o Departamento de Música Tradicional en colaboración co EDLG do centro. Presenta o músico e docente Cristian Silva. Videopodcast no youtube do centro: youtube.com/user/cmusvigo

O Faiado

Este Faiado non é o que se atopa na parte máis alta das vosas casas, non. Para subir ao noso faiado, só hai que escoitar todas as conversas que gardamos con moita ilusión para vós. Unha vez dentro, atoparedes o último dos podcasts galegos (e en galego). Pero, de que imos falar no Faiado? Os… Seguir lendo O Faiado

A Catapulta

Programa mensual de entrevistas a autoras e autores poéticos en todas as súas variantes: poesía escrita ou poesía oral, autoras e autores musicais, etc. Realízase en directo nas canles de Twitch e Youtube de El Salto.