Espazo sobre saúde mental, emocional e física.
Isabel Pichel entrevista a especialistas en materia de psicoloxía, psiquiatría, intelixencia emocional, entre outros, e tamén conversa con persoas que teñen unha historia de superación persoal.
Espazo de reflexión e conversa. Temas: Saúde metal, emocinal e física, estilos de vida e cultura galega. Dirixido e presentado pola xornalista e coach Isabel Pichel
Cada episodio conta coa participación dunha persoa especialista e tamén coa voz de persoas que teñen unha historia de superación persoal inspiradora.
Ana Mª Rendo, psicóloga e coach: “As decisións fáciles levan a unha vida difícil e que as decisións difíciles levan a unha vida fácil”
Fala da estructura enerxética, do mapa espiritual, con relación á data de nacemento, o nome e os apelidos. Fala tamén da viaxe cara o interior para recoñecernos. A psicoloxía humanista, cognitiva, conductual, axuda a prender a decidir cómo queremos vivir a propia vida. A psicoloxía clínica mira pola nosa saúde mental. Conta que hoxe por hoxe temos a tendencia a tapar e bloquear as emocións, por exemplo a tristeza. O malestar físico alerta da ausencia de límites. “O 85% das persoas non están satisfeitas co seu traballo”, di Ana.