Falamos de Memoria é unha serie documental de reportaxes sonoras que percorren diferentes espazos da Coruña e da súa contorna para recuperar historias vinculadas á II República, á resistencia antifascista, á represión franquista e á memoria democrática. O podcast, producido pola Fundación Praza Pública coa colaboración do Comisionado para a Celebración dos 50 Anos de… Seguir lendo Falamos de memoria
Categoría: Documental
A ferida aberta no 36
Podcast que busca rescatar e dignificar a memoria daqueles homes e mulleres perseguidos polo franquismo e que reconstrúe, a través dos seus propios relatos, a experiencia vivida durante a guerra civil. Dirixido e presentado por Nuria López.
Fusco
Fusco. A Crónica Negra da Galiza é o falangullo da crónica negra da Galiza. Ao longo dos episodios falaremos de crimes reais e misterios non resoltos que configuran a historia máis fusca do noso país. Historias que, desde logo, merecen ser contadas. Síguenos no Instagram e no Facebook de Parola Comunicación para estar ao día!
Mulleres que viven soas
MQVS son dez cápsulas sonoras que recollen experiencias de mulleres diversas en xeración e percorrido vital comparte. Hai quen leva máis de trinta anos vivindo soa e hai quen leva pouco tempo. Hai quen o tivo sempre moi claro e hai a quen lle custou tomar esa decisión. Para algunhas foi un paso decidido e… Seguir lendo Mulleres que viven soas
Retrocorenta
En Retrocorenta percorremos algúns recunchos das últimas catro décadas da historia de Galicia tirando dos fíos da cultura, da música, dos deportes, das xentes, dos lugares… Algunhas desas cousas que tamén son historia do país e parte da nosa memoria colectiva. Poremos voces ás lembranzas, refrescarémolas e, seguro, tamén falaremos un chisco do presente e… Seguir lendo Retrocorenta
Camiñantes do noso
Comparativa entre o Camiño da Vida e o Camiño de Santiago a través da mirada dos nosos maiores.Serie producida por Claqueta Coqueta e que forma parte Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.
