Radio Roxar é a radio escolar do Cole de Cea.
Etiqueta: Divulgación
A Voz do Demo
Espazo de divulgación cultural de Demo Editorial, editora especializada en banda deseñada galega. Magazine con diversas seccións que presta especial interese a diversos aspectos da cultura galega como a arte, humanidades, temas sociais, historia e arqueoloxía, biografías ou reflexións sobre aspectos do mundo creativo e os seus oficios.
A Nova Realidade
Programa de radio que logo é gravado para escoitar en formato podcast que fala de actualidade, de asociacións do Concello de Teo, de música galega, de cine, de economía e de Mulleres Galegas Kañeras. O Podcast A Nova Realidade forma parte dunha programación da radio A Xente de Teo que conta con máis podcast e… Seguir lendo A Nova Realidade
Pingando
Ola! Son Laura Veiga, xornalista especializada na educación e divulgación sobre o ciclo menstrual. Aquí atoparás historias que descoñecías, mitos desmontados pola evidencia científica e moito máis!
GCiencia Podcast
GCiencia podcast é o espazo nas ondas de gciencia.gal: reportaxes, entrevistas, e moito máis.
Balea Vermella
Audio dos directos en Twitch de Javier Balea e A Raíña Vermella falando sobre diversos temas relacionados coa ciencia.
Aquí hai tema
Aquí hai tema é un podcast feito en Galicia de temática variada pero cun eixo común, pasalo ben e aprender.
As Efeméridas de Manuel Gago
Serán as Efeméridas, as efemérides efémeras que seleccionará para ti. Que que raio é iso? Pois habitualmente temos unha idea das efemérides vinculadas ao nacemento ou morte de grandes prebostes, políticos, científicos ou artistas, conmemoración de batallas, conquistas, caídas e descensos de imperios. Manuel Gago quere ofrecerche outra cousa ben divertida: explorar a inxente documentación… Seguir lendo As Efeméridas de Manuel Gago
A Leira das Mouras
Programa da emisora local Radio Eume sobre mitoloxía, folclore, misterio, tecnoloxía, arte e humanides.
O son das ideas
Benvidos a ese recuncho do espectro sonoro onde se xuntan curiosidade, lóxica e leria!
Mulleres Científicas
O alumnado de 2º ESO do IES Agra de Leborís, dentro de Radio Leborís, elaboraron unha serie de mini-falangullos sobre mulleres científicas na materia de matemáticas.
Burán
Burán é unha nave da URSS nunha misión espacial que vive a desintegración soviética, quedando en órbita sen un país que os recolla. Os tripulantes quedan pois á súa sorte vagando no espazo. Non se lles ocorre nada mellor que facer un programa de radio. Tripulación: Nela, Iria, Mario e Isaac.
