“Pedaladas”, un podcast sobre desprazamentos en bicicleta, ciclismo e formas alternativas para movernos por Galicia.
Amodiño, sempre mellor…
Pedaladas é un programa para falar dos desprazamentos en bicicleta, do seu impacto social como medio de transporte. Exploraremos diferentes temas, como as infraestruturas ciclistas nas cidades galegas, as iniciativas comunitarias para fomentar o uso da bicicleta, rutas cicloturistas, mecánica e consellos para un mellor uso da bici…
No podcast queremos amosar unha visión máis social e comunitaria da bicicleta, que nos permita enfocarnos en como o ciclismo mellora a calidade de vida, reduce a pegada de carbono e favorece a creación de espazos máis humanizados nas cidades.
E parte importante de todo isto son as propias persoas… contaremos con diferentes colaboradores de diversos colectivos da bici en Galicia, que nos axudarán a coñecer en profundidade todos estos temas e as iniciativas que se están levando a cabo.
Pola miña parte, son Jorge Lama, retomei o uso da bici por motivos de saúde fai un tempo, e levo producindo programas de podcast desde fai máis de 15 anos. Podes localizarme nas redes sociais co nick de @raivenra ou a través do correo:
raivenra@gmail.com
Espero que disfrutedes desta viaxe, dando pedaladas ou en calquera outra situación…
Este podcast está liberado baixo unha licenza Creative Commons BY-SA 4.0 (Atribución-Compartir Igual).
Music: Realizer – Kevin MacLeod (incompetech.com)
Licensed under Creative Commons: By Attribution 3.0 License
http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/

“Pedaladas”, un podcast sobre desprazamentos en bicicleta, ciclismo e formas alternativas para movernos por Galicia. Amodiño, sempre mellor…
# Programa 02 de Pedaladas Podcast
## Intro, Jorge Lama
Neste segundo programa de Pedaladas Podcast falaremos con Álex sobre a Vía Verde do Tambre-Lengüelle, a máis longa de Galicia, que aproveita parte do trazado da antiga liña ferroviaria A Coruña-Compostela, con Gema veremos a importancia de elixir a bicicleta adecuada segundo o uso que se lle vai dar e de axustala á talla de cada persoa para garantir a comodidade, e Marta entrevista a Belén Calahorro, da oficina técnica de Convici, sobre o Congreso Ibérico da Bicicleta e a Cidade, que se celebrará en Santiago de Compostela. O congreso ten como obxectivo reflexionar sobre os proxectos e estratexias para impulsar o uso da bicicleta, especialmente a nivel urbano.
## Cicloturismo por Galicia con Alex Voces de Moviliza:
Neste programa, Álex fala da Vía Verde do Tambre-Lengüelle, a máis longa de Galicia, que aproveita parte do trazado da antiga liña ferroviaria A Coruña-Compostela.
A vía verde ten uns 28 quilómetros recuperados, con pouco desnivel e principalmente asfalto ecolóxico, o que a fai moi asequible para calquera persoa.
Álex destaca a importancia de levar auga e comida, xa que hai poucos puntos de abastecemento ao longo do percorrido.
A vía verde está ben sinalizada e conta con zonas de descanso, paneis informativos sobre a historia do ferrocarril e incluso algunha estación de carga para bicicletas eléctricas.
En canto ao transporte público, hai opción de tren rexional con paradas nas estacións de Cerceda de Meirama e Ordes, aínda que hai que ter en conta que o número de prazas para bicicletas é limitado.
A vía verde é ideal para familias e persoas que se están iniciando no cicloturismo, e Álex dálle unha valoración global de 9 sobre 10.
## Mecánica, ergonomía e ciclismo urbano con Gema de Moviliza:
Gema fala sobre a importancia de elixir a bicicleta adecuada segundo o uso que se lle vai dar e de axustala á talla de cada persoa para garantir a comodidade.
Destaca a importancia da ergonomía e de facer os axustes necesarios na bicicleta para evitar dores e malas experiencias.
Aconsella comprar unha bicicleta básica e ir mellorando os compoñentes pouco a pouco, en lugar de gastar moito diñeiro nunha bicicleta moi equipada desde o principio.
Gema tamén fala sobre a importancia do mantemento preventivo da bicicleta para evitar avarías e prolongar a súa vida útil.
Entre os puntos máis importantes a ter en conta á hora de comprar unha bicicleta, Gema destaca:
O uso que se lle vai dar á bicicleta.
A talla da bicicleta.
O orzamento dispoñible.
Os materiais e compoñentes da bicicleta.
O mantemento da bicicleta.
## Historias comunitarias con Marta Portela de Composcleta:
Marta Portela entrevista a Belén Calahorro, da oficina técnica de Convici, sobre o Congreso Ibérico da Bicicleta e a Cidade, que se celebrará en Santiago de Compostela.
Belén explica que o congreso ten como obxectivo reflexionar sobre os proxectos e estratexias para impulsar o uso da bicicleta, especialmente a nivel urbano.
Santiago de Compostela foi elixida como sede por ser unha cidade media con potencial para impulsar a cultura da bicicleta, pola súa conexión con rutas de longo percorrido e pola presenza de zonas rurais.
O congreso conta co apoio do Concello de Santiago e da Xunta de Galicia, entre outras entidades e organizacións.
Belén destaca a importancia de crear unha rede de axentes clave ao redor da bicicleta e de transmitir a cultura de que a bicicleta é unha ferramenta para mellorar a calidade de vida nas cidades.
Pola miña parte, son Jorge Lama, retomei o uso da bici por motivos de saúde fai un tempo, e levo producindo programas de podcast desde fai máis de 15 anos. Podes localizarme nas redes sociais co nick de @raivenra ou a través do correo:
raivenra@gmail.com
Espero que disfrutedes desta viaxe, dando pedaladas ou en calquera outra situación…
Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0
Nas labores técnicas de gravación, edición e montaxe: Jorge Lama (@raivenra).
Music:
Realizer – Kevin MacLeod (incompetech.com)
Licensed under Creative Commons: By Attribution 3.0 License
http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/
