Isto é un podcast sobre música galega. E non calquera música: a dos novos anos vinte, que xa non son felices, senón violentos.
Buscamos ser un espello do que está sucedendo ao noso carón: grupos tocando nos locais das nosas cidades e artistas novos creando música na súa habitación. Queremos habilitar un espazo aberto á conversa –sempre pacífica, malia que o título engane– arredor da escena musical galega.
Presentado por Celia Eiras, Anxo Fariñas e Daniel Portela, e coa colaboración dos artistas Grande Amore e Berto.

Isto é un podcast sobre música galega. E non calquera música: a dos novos anos vinte, que xa non son felices, senón violentos. Buscamos ser un espello do que está sucedendo ao noso carón: grupos tocando nos locais das nosas cidades e artistas novos creando música na súa habitación. Queremos habilitar un espazo aberto á conversa —sempre pacífica, malia que o título engane— arredor da escena musical galega. Presentado por Celia Eiras, Anxo Fariñas e Daniel Portela, en colaboración coa revista dixital VINTE!
Isto vai sobre rock: sobre se é principalmente unha cuestión de actitude, sobre se pode haber rock sen guitarras e, o máis importante, sobre se realmente segue vivo o rock. Conversamos e compartimos impresións arredor destas cuestións con Isa Cea, vocalista e baixista en Triángulo de Amor Bizarro; Samuel González, vocalista e guitarrista en The Rapants, e Óscar Revillas, vocalista e baixista en Copa Turbo.
Esa é a teoría. Na práctica, atópamonos fronte ao episodio máis caótico dos Violentos Anos Vinte. Desconéctase un micro pola emoción desatada en plató, Isa despídese en directo (e non porque a tratásemos mal!) mentres decidimos que facer cos 15 minutos que nos quedan e o episodio á metade… Nunca un guión se sentiu tan ignorado. Ah! E, por suposto, o noso colaborador Nuno Pico está de volta. Puro rock.
00:02:09 – Estado da cuestión
00:17:00 – Entrevista
00:58:58 – Despedimos a Isa e intentamos manter unha conversa
01:08:29 – 'Saber vivir' con Nuno
