O Faiado

Este Faiado non é o que se atopa na parte máis alta das vosas casas, non. Para subir ao noso faiado, só hai que escoitar todas as conversas que gardamos con moita ilusión para vós. Unha vez dentro, atoparedes o último dos podcasts galegos (e en galego). Pero, de que imos falar no Faiado? Os… Seguir lendo O Faiado

Os Dous de Sempre

Podcast sobre noticias, humor, curiosidades, xogos e, en liñas xerais, ao voso entretemento. Que podería saír mal?Todo. Temos moito medo, así que sede bos e boas con nós. Esperamos que vos guste 🙂

A Nova Realidade

Programa de radio que logo é gravado para escoitar en formato podcast que fala de actualidade, de asociacións do Concello de Teo, de música galega, de cine, de economía e de Mulleres Galegas Kañeras. O Podcast A Nova Realidade forma parte dunha programación da radio A Xente de Teo que conta con máis podcast e… Seguir lendo A Nova Realidade

Empeine Galego

Debate semanal sobre a actualidade futbolística dos equipos galegos. Falamos do Celta, Lugo pero nos centramos máis na SEGUNDA B (Depor, Ponte, Compos, Racing de Ferrol, Coruxo e Celta B). Realmente somos uns amateurs que facemos isto por pasar un bo tempo xuntos.

Como Que Non?!

Como Que Non?! é un programa de humor con música e público en directo dirixido por Carlos Tresandí onde todas as semanas un convidado é partícipe das distintas seccións do programa protagonizadas por Fernando RqR, Pepe Capelán, Fran Rodríguez e Alejandro Martínez “Pini”. Un podcast con Videopodcast na nosa páxina de Youtube. Queres mergullarte no… Seguir lendo Como Que Non?!

Sesión Vermú

Rubén, Jenni e Jimmy xúntanse tratando de facer risa. Cada quince días (máis ou menos), porno auditivo en Spotify. Un podcast para facer a pera.

De Parola

Martín Sorga (@MartinSorga) e Iván Iglesias (@ivaniglesiasi) fundan o podcast “De Parola” pola inquedanza de crear o seu propio espazo divulgativo en galego. Atendendo a todo tipo de temáticas de interese cultural e da actualidade, pero sempre dende unha perspectiva predominantemente humorística. Imos falar da nosa casa, do que nos pete, na nosa lingua.Benvidos e… Seguir lendo De Parola