Falamos de Memoria é unha serie documental de reportaxes sonoras que percorren diferentes espazos da Coruña e da súa contorna para recuperar historias vinculadas á II República, á resistencia antifascista, á represión franquista e á memoria democrática.
O podcast, producido pola Fundación Praza Pública coa colaboración do Comisionado para a Celebración dos 50 Anos de España en Liberdade, está formado por dez episodios que se publicarán semanalmente ao longo deste último trimestre do ano. Todos eles comezan coa creadora de contido Prado Rúa presentándonos in situ o espazo sobre o que versa o capítulo.
Esta serie ten como director editorial a David Lombao, director de Praza.gal, con Miguel Pardo na coordinación de contido. A redacción e gravación das entrevistas e o guión corren a cargo de Pablo Vázquez e Paula Cermeño, con Llerena Perozo e David Lombao na narración e o traballo de montaxe de Xarda Cooperativa Audiovisual.

‘Falamos de memoria’, a serie da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade, recupera as historias dos asasinatos perpetrados polos golpistas na contorna da Torre de Hércules, dende a execucións tras consellos de guerra ata os chamados paseos
Prado Rúa guíanos por este espazo. Manuel Rivas, David Lozano, Antonio Míguez, Beatriz Gómez, Arturo Lezcano e Rubem Centeno reflexionan no episodio sobre a importancia do Campo da Rata, lugar de intimidación colectiva, e as historias persoas das vítimas e as súas familias.
Esta produción da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade ten como director editorial a David Lombao, director de Praza.gal, con Miguel Pardo na coordinación de contido. A redacción e gravación das entrevistas e o guión corren a cargo de Pablo Vázquez e Paula Cermeño, con Llerena Perozo e David Lombao na narración e o traballo de montaxe de Xarda Cooperativa Audiovisual.