«Mover os Marcos» é o podcast sobre o territorio galego. Un recuncho audiovisual que pon o foco en grandes e pequenas cuestións da nosa xeografía e que dá voz a diferentes persoas que teñen moito que contarnos sobre ela. Todo isto conxugado coa historia, as tradicións e a política, entre outros, para crearmos unha comunidade concienciada do valor que ten Galiza ou Galicia, como prefiramos chamala.

Neste primeiro capitulo falaremos con Alejandro Otero Varela, xeógrafo e profesor do Departamento de Xeografía da USC, sobre a historia da división comarcal en Galiza. Desde cando se fala de comarcas no noso país? Por que fracasou a comarcalización dos anos 90? Cales son as perspectivas de futuro?