Espazo multisección de divulgación científica en Twitch e en galego. Ciencia, si, pero doutra maneira.
Con Paula Otero e Iván Varela.
Espazo multisección de divulgación en galego no que cada semana falamos nun tono desenfadado sobre distintos aspectos relacionados coa ciencia.
No quinto directo da tempada falamos con:
– Uxía Vázquez, colaboradora da ONG CEMMA, sobre os mamíferos que habitan as nosas augas especialmente durante o verán, as problemáticas derivadas da interacción con eles, e das consecuencias da contaminación acústica na vida na saúde destes animais.
– Sarela G. Santamarina, investigadora posdoutoral no ITQB NOVA, en Lisboa, sobre o que é o microbioma, por que é preciso coidalo, e os efectos negativos de certos fármacos sobre as nosas bacterias.