“Pedaladas”, un podcast sobre desprazamentos en bicicleta, ciclismo e formas alternativas para movernos por Galicia. Amodiño, sempre mellor… Pedaladas é un programa para falar dos desprazamentos en bicicleta, do seu impacto social como medio de transporte. Exploraremos diferentes temas, como as infraestruturas ciclistas nas cidades galegas, as iniciativas comunitarias para fomentar o uso da bicicleta,… Seguir lendo Pedaladas
Etiqueta: Medio rural
OureGo
Historias dos que traballan o mar e a terra, dos que levan o sabor ás cociñas e de todos os axentes involucrados no sistema agroalimentario galego.
Facer memoria
Un podcast de historias contadas en primeira persoa Facer memoria é un proxecto no que a veciñanza dos concellos participantes ten unha serie de encontros con compoñentes da compañía Berrobambán. Nesas xuntanzas compartimos historias e anécdotas directamente relacionadas co lugar, e así, entre contos e conversas, tentamos reconstruír parte da memoria local. Este podcast recolle… Seguir lendo Facer memoria
A Estación Cultural
Este podcast xorde da nosa radio aberta e participativa. Buscamos facer visible o invisible e utilizar a fala como ferramenta dinamizadora e mostrar a diversidade da nosa cultura. Convidámosvos a escoitar as entrevistas que fixemos dende a Estación de Santa Cruz de Ribadulla en Vedra.
A Palleira
Un programa de entrevistas no que atoparás conversas de persoas da cultura e da nosa contorna. Falamos arredor de cousas interesantes das súas vidas, pero tamén do cotián.
Hortas con Ciencia
Ciencia aplicada á horticultura. Ciencia da alimentación, horticultura e paisaxe. Desenvolvemento rural.