Un espazo onde falar de arte e cultura en galego de maneira didáctica e distendida. Un lugar onde coñecer sobre o mundo da Historia da Arte e aprender xuntas.
Categoría: Divulgación
A Viva Voz Galega
Espazo sobre saúde mental, emocional e física. Isabel Pichel entrevista a especialistas en materia de psicoloxía, psiquiatría, intelixencia emocional, entre outros, e tamén conversa con persoas que teñen unha historia de superación persoal.
A maçã da Eva
Dúas mulleres que pasan dos corenta falan abertamente e con moita retranca de sexo e relacións afectivas.
Ciencia e tal
Espazo multisección de divulgación científica en Twitch e en galego. Ciencia, si, pero doutra maneira. Con Paula Otero e Iván Varela.
Radio Roxar
Radio Roxar é a radio escolar do Cole de Cea.
A Voz do Demo
Espazo de divulgación cultural de Demo Editorial, editora especializada en banda deseñada galega. Magazine con diversas seccións que presta especial interese a diversos aspectos da cultura galega como a arte, humanidades, temas sociais, historia e arqueoloxía, biografías ou reflexións sobre aspectos do mundo creativo e os seus oficios.
Pingando
Ola! Son Laura Veiga, xornalista especializada na educación e divulgación sobre o ciclo menstrual. Aquí atoparás historias que descoñecías, mitos desmontados pola evidencia científica e moito máis!
GCiencia Podcast
GCiencia podcast é o espazo nas ondas de gciencia.gal: reportaxes, entrevistas, e moito máis.
Balea Vermella
Audio dos directos en Twitch de Javier Balea e A Raíña Vermella falando sobre diversos temas relacionados coa ciencia.
Descifrando a Historia
Podcast en galego para analizar a Historia de Galicia. O principal obxectivo é contar partes da historia do pobo galego que se descoñecen ou que merecen verse desde outra perspectiva, e que así o oínte se faga a súa propia reflexión persoal. Non son curiosidades, é Historia.
Aquí hai tema
Aquí hai tema é un podcast feito en Galicia de temática variada pero cun eixo común, pasalo ben e aprender.
As Efeméridas de Manuel Gago
Serán as Efeméridas, as efemérides efémeras que seleccionará para ti. Que que raio é iso? Pois habitualmente temos unha idea das efemérides vinculadas ao nacemento ou morte de grandes prebostes, políticos, científicos ou artistas, conmemoración de batallas, conquistas, caídas e descensos de imperios. Manuel Gago quere ofrecerche outra cousa ben divertida: explorar a inxente documentación… Seguir lendo As Efeméridas de Manuel Gago
A Leira das Mouras
Programa da emisora local Radio Eume sobre mitoloxía, folclore, misterio, tecnoloxía, arte e humanides.
O son das ideas
Benvidos a ese recuncho do espectro sonoro onde se xuntan curiosidade, lóxica e leria!
Mulleres Científicas
O alumnado de 2º ESO do IES Agra de Leborís, dentro de Radio Leborís, elaboraron unha serie de mini-falangullos sobre mulleres científicas na materia de matemáticas.
Burán
Burán é unha nave da URSS nunha misión espacial que vive a desintegración soviética, quedando en órbita sen un país que os recolla. Os tripulantes quedan pois á súa sorte vagando no espazo. Non se lles ocorre nada mellor que facer un programa de radio. Tripulación: Nela, Iria, Mario e Isaac.
Efervesciencia
Efervesciencia é un dos programas de divulgación científica máis veteranos do dial en toda España. Naceu en outubro de 2006 da man de Manuel Vicente e polos seus micros xa pasaron ao redor de 1000 científicos.
A Punta da Navalla
O teu programa sobre a improvisación oral en verso en Radio Valadares.