Caixa de Ritmos

Podcast sobre música galega, xa sexa feita en Galicia ou por autores galegos, entrevistas, investigación, información para coécer diante e detras dos micros.Conducido por Isa Barrio, locutora e comunicadora social, veremos en que consistirá o programa que se emitirá os xoves cada 15 días.

Os contos da miñoca

O podcast do Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Coordina o Departamento de Música Tradicional en colaboración co EDLG do centro. Presenta o músico e docente Cristian Silva. Videopodcast no youtube do centro: youtube.com/user/cmusvigo

Violentos Anos Vinte

Isto é un podcast sobre música galega. E non calquera música: a dos novos anos vinte, que xa non son felices, senón violentos. Buscamos ser un espello do que está sucedendo ao noso carón: grupos tocando nos locais das nosas cidades e artistas novos creando música na súa habitación. Queremos habilitar un espazo aberto á… Seguir lendo Violentos Anos Vinte

Galiza Metálica

GALIZA METÁLICA é o programa de radio especializado en metal conducido por Patty Castro creadora de Mulleres Galegas Kañeras, vocalista e divulgadora cultural e Filipe Marta, histórico locutor portugués do mítico S.O.S. Metal Radio Show. Sonamos cada semana en: 106.0 FM → Braga (Portugal)106.1 FM → Radio Piratona (Vigo)93.9 FM → Radio Filispim (Ferrol e… Seguir lendo Galiza Metálica

Na Toupeira, músicas soterradas

Programa de Radio A Trastenda, emisora on line de podcast da Asociación Cultural e Centro Social A Trastenda da Pobra do Caramiñal, onde dar voz ao rock galego de guitarras poderosas cunha porta aberta á Lusofonía.

A Toupeira_Rillando Raíces

Non é unha toupeira calquera, é unha toupeira con alfombras e tapices nas paredes, altofalantes e cables, moitos cables. Instrumentos colocados conforme e debido esperando a ser tocados. Cociña de leña con pote a ferver. E a nosa terraza é o monte, son os campos, as montañas pequenas e grandes con esa banda sonora que… Seguir lendo A Toupeira_Rillando Raíces

A Palleira

Un programa de entrevistas no que atoparás conversas de persoas da cultura e da nosa contorna. Falamos arredor de cousas interesantes das súas vidas, pero tamén do cotián.

A Nova Realidade

Programa de radio que logo é gravado para escoitar en formato podcast que fala de actualidade, de asociacións do Concello de Teo, de música galega, de cine, de economía e de Mulleres Galegas Kañeras. O Podcast A Nova Realidade forma parte dunha programación da radio A Xente de Teo que conta con máis podcast e… Seguir lendo A Nova Realidade