As Bichas somos Rosi & Sofi. Xornalistas serias que neste podcast facemos de reporteiras dicharacheras. Sobreanalizamos temas que nos resoan e para os que nin nós mesmas temos respostas. Se cadra non as hai.
Categoría: Cultura popular
Radio Xerigonza
Radio Xerigonza é un podcast onde falamos de todo e de nada. Pero non te vaias pensar, porque traemos a lección aprendida! A cousa é simple: en cada episodio cada un de nós prepara un tema que lle interese e contámosllo ao outro. Fácil, non si? Pois veña!
Galiportus
Galiportus é un podcast que busca redefinir o coñecemento xeral acerca das intensas relacións socioculturais existentes entre Galiza e Portugal. Contidos de actualidade, lingua, historia e historias, natureza, turismo, patrimonio, protagonistas da música ou da cultura. Lendas, xentes, ideas. Proxectos e realidades transfronteirizas. Todo en clave galaico-portuguesa.
A Caixa Negra Da Nostromo
Un podcast de cine realizado por 3 doutores en ciencias fílmicas pola universidade do Emule.
Marmodcast
BENVID@ A MARMODCAST. En cada episodio traémosvos contido relacionado co audiovisual, a música, a interpretación… En definitiva, o sector cultural. Se non tenemos cultura, non somos ninguén. Presentado por Fran Rivas.
As Conversas dos Saberes Próximos
Saberes Próximos é un proxecto que busca coñecer de primeira man as motivacións e o xeito de traballar das persoas e colectivos que recollen, gardan e comparten o noso patrimonio inmaterial. Nas Conversas dos Saberes Próximos falamos máis devagar con varias recompiladoras dos saberes e tradicións galegas pero, sobre todo, dos valores que hai detrás… Seguir lendo As Conversas dos Saberes Próximos
Alicia de Galicia Falando
Neste podcast (aínda en cueiros) falo sobre cousas que me parecen interesantes. Agora mesmo comecei cunha sección de MÚSICA NAS PELÍCULAS. Nela analizó e comento os sons dos filmes intentando explicar a súa función ou dando a coñecer certas curiosidades. No futuro haberá máis seccións.
Malva e Duarte falan de misterios
Un podcast da Revista Luzes no que Malva e Duarte falan de misterios.
Exército Mekemeke
Ola parroquia! Únete ao exército de mekemekes que está a invadir os podcasts. Un programa dirixido por Carlos Vieito en colaboración con Miguel Abad e Xabier Dios.
Gallifrey Ceive
Fomos ficando sós o espaço-tempo, a TARDIS e mais nós. Um podcast em galego sobre Doctor Who com Lorena e Jon Amil.
espazo negativo
Espazo negativo é unha podcast na que (nós!) Ari e Dan falamos de cousas que nos gustan. Ás veces, unhas cousas levan a outras, e acabamos falando doutras cousas que nos gustan, tamén. Pero polo xeral gústanos a arte e a política.
Quarto Tempo
Este foi um pequeno, hoje em dia descontinuado, o qual jurdiu fai anos coma podcast oficial da Liga Gallaecia (liga popular e mista de futebol gaélico).
Falar Sen Saber
Falamos de merdas os domingos, pero en galego. Estamos en iVoox e Spotify, para que non nos escoitedes aló tampouco! Si, somos cutres.
Nada Orixinal
Chamámonos de vez en cando, e falamos de podcasts. Contraprogramamos a actualidade co que gravamos hai meses ou anos.
A Autoridade Competente
Facendo canon desde a nosa casa e sen quitarmos as zapatillas. A Malvada Profe, Jon Amil, Marta V. Izaguirre e Ghanito somos a autodenominada autoridade competente.
Baleiro Perfecto
Hai falangullos e falangullos, pero ningún sucede no Baleiro Perfecto. Un podcast que facemos desde o magazine A que cheira, papá? Eis un espazo onde o paradoxo de Fermi ben pode ser un evanxeo, onde os mapas imaxinarios agochan tesouros gardados por dragóns, onde a maxia é ciencia e cada quince días ocorre o inesperado.… Seguir lendo Baleiro Perfecto
Radio Ingrávida
Teatro, cultura, comunidade na Radio Ingrávida, a radio da antiga sala teatral, con Irene Moreira.
Recuncho Gamer
Este é o podcast de Recuncho Gamer, un podcast onde falamos sobre videoxogos cun ton desenfadado, co foco especialmente posto nos grandes clásicos. Realizado coa colaboración de Radio Coruña Cadena Ser.
ProcastiNation
Somos os ProcastiNation (antes Bocachanclas), uns amigos que falan… falan moito… incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente nos levan a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo… por que nós non?
FAN FAN
FAN FAN é un podcast conducido por Cibrán Tenreiro arredor do fenómeno fan na música e as cousas que fai aparecer: novas obras, comunidades organizadas e emocións intensas.
Loco Iván
Acusadas dun crime que non cometeran, un grupo de adictas á SF, a fantasía, o rol, os videoxogos e outras desviacións abxectas da cultura popular, fixéronse cun submarino nucelar de saldo dende o que perpetran semanalmente un espazo de delirio revolucionario ca cooperación necesaria de Cuac FM. Grazas a un crítico co dado de vinte,… Seguir lendo Loco Iván
Gurrucho de Vozcast
Programa no que charlamos sobre os nosos gustos e inquedanzas: literatura, cinema, banda deseñada, series ou o que se nos pase pola cachola, e en galego.
Burán
Burán é unha nave da URSS nunha misión espacial que vive a desintegración soviética, quedando en órbita sen un país que os recolla. Os tripulantes quedan pois á súa sorte vagando no espazo. Non se lles ocorre nada mellor que facer un programa de radio. Tripulación: Nela, Iria, Mario e Isaac.