Galiportus

Galiportus é un podcast que busca redefinir o coñecemento xeral acerca das intensas relacións socioculturais existentes entre Galiza e Portugal. Contidos de actualidade, lingua, historia e historias, natureza, turismo, patrimonio, protagonistas da música ou da cultura. Lendas, xentes, ideas. Proxectos e realidades transfronteirizas. Todo en clave galaico-portuguesa.

Facer memoria

Un podcast de historias contadas en primeira persoa Facer memoria é un proxecto no que a veciñanza dos concellos participantes ten unha serie de encontros con compoñentes da compañía Berrobambán. Nesas xuntanzas compartimos historias e anécdotas directamente relacionadas co lugar, e así, entre contos e conversas, tentamos reconstruír parte da memoria local. Este podcast recolle… Seguir lendo Facer memoria

A Estación Cultural

Este podcast xorde da nosa radio aberta e participativa. Buscamos facer visible o invisible e utilizar a fala como ferramenta dinamizadora e mostrar a diversidade da nosa cultura. Convidámosvos a escoitar as entrevistas que fixemos dende a Estación de Santa Cruz de Ribadulla en Vedra.

As Conversas dos Saberes Próximos

Saberes Próximos é un proxecto que busca coñecer de primeira man as motivacións e o xeito de traballar das persoas e colectivos que recollen, gardan e comparten o noso patrimonio inmaterial. Nas Conversas dos Saberes Próximos falamos máis devagar con varias recompiladoras dos saberes e tradicións galegas pero, sobre todo, dos valores que hai detrás… Seguir lendo As Conversas dos Saberes Próximos

Cidade e Universidade

A cidade de Santiago languidece no século XX. Só a manteñen con algo de vida a súa historia, o seu patrimonio e a Universidade. Abordaremos neste podcast a revitalización da cidade pola labor institucional protagonizada en democracia polo Concello e a Universidade, sometendo a un cuestionario fixo a alcaldes e reitores e así, coas súas… Seguir lendo Cidade e Universidade

Os Contrabandistas

Entrevistas sobre pessoas e suas origens nos diversos pontos da Galiza e Portugal. Histórias, tradições, músicas, festas, gastronomia, cultura, turismo, as relações sócio-econômicas, a nossa língua e os seus diversos sotaques. Estudos sobre a literatura, contexto político e social e historiográfico da Galiza dentro da lusofonia. Suas músicas, cultura, regiões, cidades, aldeias, as questões mal… Seguir lendo Os Contrabandistas