Os Dous de Sempre

Podcast sobre noticias, humor, curiosidades, xogos e, en liñas xerais, ao voso entretemento. Que podería saír mal?Todo. Temos moito medo, así que sede bos e boas con nós. Esperamos que vos guste 🙂

Empeine Galego

Debate semanal sobre a actualidade futbolística dos equipos galegos. Falamos do Celta, Lugo pero nos centramos máis na SEGUNDA B (Depor, Ponte, Compos, Racing de Ferrol, Coruxo e Celta B). Realmente somos uns amateurs que facemos isto por pasar un bo tempo xuntos.

Como Que Non?!

Como Que Non?! é un programa de humor con música e público en directo dirixido por Carlos Tresandí onde todas as semanas un convidado é partícipe das distintas seccións do programa protagonizadas por Fernando RqR, Pepe Capelán, Fran Rodríguez e Alejandro Martínez “Pini”. Un podcast con Videopodcast na nosa páxina de Youtube. Queres mergullarte no… Seguir lendo Como Que Non?!

Sesión Vermú

Rubén, Jenni e Jimmy xúntanse tratando de facer risa. Cada quince días (máis ou menos), porno auditivo en Spotify. Un podcast para facer a pera.

De Parola

Martín Sorga (@MartinSorga) e Iván Iglesias (@ivaniglesiasi) fundan o podcast “De Parola” pola inquedanza de crear o seu propio espazo divulgativo en galego. Atendendo a todo tipo de temáticas de interese cultural e da actualidade, pero sempre dende unha perspectiva predominantemente humorística. Imos falar da nosa casa, do que nos pete, na nosa lingua.Benvidos e… Seguir lendo De Parola

Arredemo

Programa de humor e actualidade, cheo de retranca e moito espectáculo radiofónico ó estilo morning show.Equipo: David Leiro, Miguel Gómez

Xoubas

Podcast en galego para analizar a Historia de Galicia. O principal obxectivo é contar partes da historia do pobo galego que se descoñecen ou que merecen verse desde outra perspectiva, e que así o oínte se faga a súa propia reflexión persoal. Non son curiosidades, é Historia.