Benvidos a Estremonía! O podcast onde falamos de como (mal)tratamos o noso Patrimonio Cultural. Chapuzas, cafradas, feísmo e esquecemento. Todo dunha forma amena, cun pouquiño de humor e intentando entender por que acontecen estas cousas e que podemos facer para evitalo.
Categoría: Historia
Radio Xerigonza
Radio Xerigonza é un podcast onde falamos de todo e de nada. Pero non te vaias pensar, porque traemos a lección aprendida! A cousa é simple: en cada episodio cada un de nós prepara un tema que lle interese e contámosllo ao outro. Fácil, non si? Pois veña!
Que din os rumorosos…
Que din os rumorosos… arroutadas da historia de Galicia é unha serie de podcast producida polos portais web http://historiadegalicia.gal/ e https://rutasdehistoria.com/ e coordinados polo xornalista Xurxo Salgado. O seu obxectivo é recuperar a memoria do noso país. Trátase dunha iniciativa que nace sen ataduras nin subvencións de ningún tipo. Un proxecto independente que tenta contar… Seguir lendo Que din os rumorosos…
Historia Medieval de Galicia
Podcast en galego de Carlos Barros (USC) sobre a historia medieval de Galicia con especial énfase sobre a sociedade, a mentalidade e a identidade nacional.
Historias dun pirata
Historias dun pirata é un podcast baseado en feitos reais que narra a vida do pirata galego Benito Soto Aboal, unha historia curta pero intensa que non deixará indiferente a nadie. Escrito, realizado e narrado por Samuel Lago.
Os Dous de Sempre
Podcast sobre noticias, humor, curiosidades, xogos e, en liñas xerais, ao voso entretemento. Que podería saír mal?Todo. Temos moito medo, así que sede bos e boas con nós. Esperamos que vos guste 🙂
Compostela nas pequenas historias
Compostela nas pequenas historias reflicte a memoria viva da cidade sacada dos diversos xornais editados en Compostela nos séculos XIX e XX, dos textos dos cronistas, das lendas populares e dos contos de taberna.
A Voz do Demo
Espazo de divulgación cultural de Demo Editorial, editora especializada en banda deseñada galega. Magazine con diversas seccións que presta especial interese a diversos aspectos da cultura galega como a arte, humanidades, temas sociais, historia e arqueoloxía, biografías ou reflexións sobre aspectos do mundo creativo e os seus oficios.
Somos Historia: Historia de España para 2Bac e ABAU Galicia
A Historia de España de 2º de Bacharelato, desde o Neolítico aos gobernos de Felipe González, explicada en 42 episodios. Tantos, como preguntas poden caer nas probas ABAU desta materia. Por @miguelabraira, Finalista Mellor Docente de España 2020 (Premios Educa).
Consello da Cultura Galega
Podcasts de ficción producidos polo Consello da Cultura Galega.
Fóra de Mapa
O podcast en galego que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Desde a diáspora, con @msabaris en Londres e @dosdorei en Bruxelas
Descifrando a Historia
Podcast en galego para analizar a Historia de Galicia. O principal obxectivo é contar partes da historia do pobo galego que se descoñecen ou que merecen verse desde outra perspectiva, e que así o oínte se faga a súa propia reflexión persoal. Non son curiosidades, é Historia.
Facemos historia
Un achegamento á historia universal de xeito ameno e en pequenas doses. Unha viaxe no tempo, desde Galiza e en galego.
As Efeméridas de Manuel Gago
Serán as Efeméridas, as efemérides efémeras que seleccionará para ti. Que que raio é iso? Pois habitualmente temos unha idea das efemérides vinculadas ao nacemento ou morte de grandes prebostes, políticos, científicos ou artistas, conmemoración de batallas, conquistas, caídas e descensos de imperios. Manuel Gago quere ofrecerche outra cousa ben divertida: explorar a inxente documentación… Seguir lendo As Efeméridas de Manuel Gago
Café 1932
Programa de conversas da comissom de História do C.S. A Gentalha do Pichel gravado em Rádio Kalimera.