Neste momento vital son o papá da Lara, aínda que non renuncio a ser [e non ser] moitas outras cousas, comezando pola principal que talvez poida resumirse na ilusión de compartir os bos momentos. En ivoox, a canle ten 2 programas: “Casagrande”, con artigos, opinións e outras comenencias que van saíndo pola xanela, con un… Seguir lendo Casagrande
Categoría: Política
MarcaOurense
Podcast de opinión cultural e política, centrado principalmente en Ourense e Galicia.
Avante LGBT+ Pontevedra
Repositorio en audio das actividades e palestras do colectivo Avante LGBT+ na cidade de Pontevedra. Somos unha organización LGBT+ anticapitalista, feminista e galega. Se queres enterarte de todo o que organizamos ou queres participar connosco, as nosas redes son @AvantePonte no Twitter e @AvanteLGBTPontevedra no Instagram.
Crunia Fala
Trátase dun programa semanal dunha hora de duración, desde o que dar voz ós veciños e veciñas da Coruña. Esta cidade está en continuo movemento, ten unha serie de asociacións veciñais e empresariais moi activas. Toda esa iniciativa exprésase amplamente en redes sociais, medios de comunicación ou na rua, pero creo que gañaría moito se… Seguir lendo Crunia Fala
Radio Frontón
Radio Frontón, un podcast do BNG con contidos de hoxe para construír a Galiza de mañá.
KebraNozes
KebraNozes é un podcast da Radio Kalimera creado para actuar como medio de denuncia directa ao servizo do pobo. O principal obxectivo deste proxecto é perseguir e desentrañar as dinámicas fraudulentas, o caciquismo e a meritocracia proporcionando unha vía rápida e acesible para que a cidadanía faga públicas as denuncias que son rexeitadas polas autoridades… Seguir lendo KebraNozes
Cidade e Universidade
A cidade de Santiago languidece no século XX. Só a manteñen con algo de vida a súa historia, o seu patrimonio e a Universidade. Abordaremos neste podcast a revitalización da cidade pola labor institucional protagonizada en democracia polo Concello e a Universidade, sometendo a un cuestionario fixo a alcaldes e reitores e así, coas súas… Seguir lendo Cidade e Universidade
A actualidade está sobrevalorada
Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e… Seguir lendo A actualidade está sobrevalorada
Agrupación Xosé Velo
Somos un grupo de persoas, de diferentes referencias ideolóxicas, interesadas en coñecer e espallar a situación en Latinoamérica -que está a vivir un dos seus momentos históricos máis tensos e esperanzadores- así como as súas causas e consecuencias. A Agrupación Xosé Velo, ten como obxectivo básico espallar información veraz da realidade política, social, cultural e… Seguir lendo Agrupación Xosé Velo
O Centro
Uma ponte sonora feita de vozes da Galiza e de Portugal.
Carretando
Carretando, nos vieiros da política galega. Podcast que afonda nas cuestións máis relevantes da política galega. Nunha viaxe sonora en autocaravana, desbotamos o mito da obxectividade e apostamos pola pluralidade e honestidade. Divulgación politolóxica, entrevistas, reportaxes e faladoiros sosegados. Apostamos por unha política construtiva e pola participación e integración da cidadanía na mesma. Súbete connosco!
A Xanela
A Xanela Podcast é un programa de entrevistas e conversas relacionadas coa actualidade social, política e cultural vencellado á revista en liña ‘A Xanela Audiovisual’ na que atoparás máis entrevistas, reflexións e artigos de colaboracións moi diversas.
Galiza Livre
Informaçom livre e sem mordaças ao serviço das vozes críticas do nosso país. Audios de palestras, intervençons e todo tipo de arquivos de interesse para a Galiza que luita. Mais canles aquí.
Té con Gotas
Podcast sobre ideas e actualidade no Reino Unido. Falaremos das últimas novidades do que está acontecendo neste país e entrevistaremos a galegos e galegas que estean traballando en cousas interesantes das que paga a pena aprender. Dirixido por Miguel Rodríguez Fernández e Duarte Romero Varela.
O noso Lar
Podcast de Diego Boquete, Secretario Acción Sindical e Comunicación da @CIGEnsino, tamén: Oroso, Galiza, lingua, tecnoloxía, trebellos, ensino, deporte, series, a miña familia…
Alegría
Falamos de política, temas de actualidade, realizamos entrevistas case en cada programa e adicamos uns minutos á Econova de Bea Ulalume. Todo iso misturado con boa música e un pouco de humor se o tema o permite.