Durante unha misión espacial unha nave choca contra un globo meteorolóxico situado na estratosfera. Por sorte, os seus dous tripulantes logran lanzar a súa cápsula a tempo facendo que esta entre en órbita a uns 20 km da superficie da terra. Por desgraza esa situación supón un reto para a base de operacións xa que a propia cápsula non conten métodos de propulsión efectivos neste ambiente e, polo tanto, non pode modificar o seu rumbo. Os dous astronautas non poden facer outra cousa que esperar e nese contexto xorde “estrelados na estratosfera” unha maneira de matar o tempo. O podcast busca ser un obxectivo semanal para os dous implicados, algo no que manter a súa mente ocupada ademais de proporcionar certeza nesa nebulosas de incógnitas que os rodea. Nel acordan falar de temas de interese persoal, aquelas cousas para as que non tiñan tempo na terra debido as súas obrigacións e que agora poden investigar tranquilamente.
Obviamente isto é ficción e nos non estamos no espazo, mais o sentimento é real. Este é o lugar onde vimos a falar desas cousas que non caben na nosa vida cotiá, mais que espertan en nos unha interese xenuína. Aquelas cousas das que falabamos a pasear pola nosa vila cando tiñamos o tempo por castigo e que sempre traen a mente bos recordos. Agora necesitabamos crear ese espazo de un modo novo, e que mellor maneira que compartindo con máis xente…

Durante unha misión espacial unha nave choca contra un globo meteorolóxico situado na estratosfera. Por sorte, os seus dous tripulantes logran lanzar a súa cápsula a tempo facendo que esta entre en órbita a uns 20 km da superficie da terra. Por desgraza esa situación supón un reto para a base de operacións xa que a propia cápsula non conten métodos de propulsión efectivos neste ambiente e, polo tanto, non pode modificar o seu rumbo. Os dous astronautas non poden facer outra cousa que esperar e nese contexto xorde “Estrelados na Estratosfera” unha maneira de matar o tempo.
O galego só sirve para falar coas vacas”. “Se non cambias de idioma, non vas a chegar a nada”. “Vivir do que fas, en galego? Imposible”. Frases como esta son bastante comúns cando fas música, literatura, radio ou cousas similares. Transmitir realidades en galego parece que sempre tivo esa nube negra de ser “de nicho” e “limitante”. Pero, que ten isto de certo? Pois, esta semana veu un invitado que nos abre os ollos sen falar disto, se non demostrando.Kid Mount é unha desas cabezas de lanza da música galega que está a romper estigmas. Facendo estilos como trap, reguetón e rap en galego, está a demostrar que se pode facer música de calidade e que conecte coa xente no noso idioma. Falaranos da sensación de encher locais, de procesos creativos e dun futuro da música galega que cada vez é máis variado e prometedor.Directo todos os xoves ás 18:00 en CUAC FM no 103.4.

