1 dia, 1 jogo

Un micropodcast de Recuncho Gamer no que en cada programa pararemos nun videoxogo e que supón para as distintas persoas que irán pasando por este espazo.

Outeiro Verde

Outeiro verde é o podcast de Recuncho Gamer dedicado a Sonic no que en cada episodio visitaremos cada un dos xogos desta franquía de Sega. Co Iago Gordillo e o Jon Amil.

Baleiro Perfecto

Hai falangullos e falangullos, pero ningún sucede no Baleiro Perfecto. Un podcast que facemos desde o magazine A que cheira, papá? Eis un espazo onde o paradoxo de Fermi ben pode ser un evanxeo, onde os mapas imaxinarios agochan tesouros gardados por dragóns, onde a maxia é ciencia e cada quince días ocorre o inesperado.… Seguir lendo Baleiro Perfecto

Recuncho Gamer

Este é o podcast de Recuncho Gamer, un podcast onde falamos sobre videoxogos cun ton desenfadado, co foco especialmente posto nos grandes clásicos. Realizado coa colaboración de Radio Coruña Cadena Ser.

Revolution podcast

Podcast en galego que trae as novidades e nostalxia do mundo dos videoxogos. Presentado por Fabián Bastos e Sergio Fernández.

Loco Iván

Acusadas dun crime que non cometeran, un grupo de adictas á SF, a fantasía, o rol, os videoxogos e outras desviacións abxectas da cultura popular, fixéronse cun submarino nucelar de saldo dende o que perpetran semanalmente un espazo de delirio revolucionario ca cooperación necesaria de Cuac FM. Grazas a un crítico co dado de vinte,… Seguir lendo Loco Iván

O Antro do Pixel

Podcast no que falamos das nosas andanzas polos mundos virtuais de maneira moi pouco profesional, comentamos a actualidade e repasamos os nosos xogos favoritos.

A Gruta de Gizamaluke

Podcast da Revista Morcego sobre videoxogos en galego. Repasamos a actualidade da industria, conversamos sobre títulos, analizamos xogos e opinamos da vida.