Conversando con …

Conversando con …

Conversando con… é unha iniciativa sonora da web www.xulipedia.com, creada por Xulio Simón co apoio técnico de Luís Losada.

xulipedia.com é unha base de datos organizada por orde
cronolóxica, con información da literatura galega e das outras
literaturas románicas peninsulares e mais da literatura universal.
Trátase dun proxecto vivo que promove o recoñecemento da
excelencia e relevancia da cultura galega; tamén é un proxecto en
permanente construción xa que ten un formato de wiki (igual á
Wikipedia) aberto á participación de calquera persoa interesada en
non esquecer e mesmo engrandecer o noso patrimonio cultural.
Se seguimos aportando entre todas poderá ter un alto potencial
para a investigación ao ter recollido e organizado información moi
dispersa en diferentes medios escritos analóxicos.