Avante LGBT+ Pontevedra

Repositorio en audio das actividades e palestras do colectivo Avante LGBT+ na cidade de Pontevedra. Somos unha organización LGBT+ anticapitalista, feminista e galega. Se queres enterarte de todo o que organizamos ou queres participar connosco, as nosas redes son @AvantePonte no Twitter e @AvanteLGBTPontevedra no Instagram.

Que din os rumorosos…

Que din os rumorosos… arroutadas da historia de Galicia é unha serie de podcast producida polos portais web http://historiadegalicia.gal/ e https://rutasdehistoria.com/ e coordinados polo xornalista Xurxo Salgado. O seu obxectivo é recuperar a memoria do noso país. Trátase dunha iniciativa que nace sen ataduras nin subvencións de ningún tipo. Un proxecto independente que tenta contar… Seguir lendo Que din os rumorosos…

Os Dous de Sempre

Podcast sobre noticias, humor, curiosidades, xogos e, en liñas xerais, ao voso entretemento. Que podería saír mal?Todo. Temos moito medo, así que sede bos e boas con nós. Esperamos que vos guste 🙂

A Palleira

Un programa de entrevistas no que atoparás conversas de persoas da cultura e da nosa contorna. Falamos arredor de cousas interesantes das súas vidas, pero tamén do cotián.

A Voz do Demo

Espazo de divulgación cultural de Demo Editorial, editora especializada en banda deseñada galega. Magazine con diversas seccións que presta especial interese a diversos aspectos da cultura galega como a arte, humanidades, temas sociais, historia e arqueoloxía, biografías ou reflexións sobre aspectos do mundo creativo e os seus oficios.

Descifrando a Historia

Podcast en galego para analizar a Historia de Galicia. O principal obxectivo é contar partes da historia do pobo galego que se descoñecen ou que merecen verse desde outra perspectiva, e que así o oínte se faga a súa propia reflexión persoal. Non son curiosidades, é Historia.

As Efeméridas de Manuel Gago

Serán as Efeméridas, as efemérides efémeras que seleccionará para ti. Que que raio é iso? Pois habitualmente temos unha idea das efemérides vinculadas ao nacemento ou morte de grandes prebostes, políticos, científicos ou artistas, conmemoración de batallas, conquistas, caídas e descensos de imperios. Manuel Gago quere ofrecerche outra cousa ben divertida: explorar a inxente documentación… Seguir lendo As Efeméridas de Manuel Gago