Galiportus

Galiportus é un podcast que busca redefinir o coñecemento xeral acerca das intensas relacións socioculturais existentes entre Galiza e Portugal. Contidos de actualidade, lingua, historia e historias, natureza, turismo, patrimonio, protagonistas da música ou da cultura. Lendas, xentes, ideas. Proxectos e realidades transfronteirizas. Todo en clave galaico-portuguesa.

Entreliñas

Entreliñas, un podcast de libros, bibliotecas e máis.Trátase dun podcast literario destinado a dar a coñecer a actualidade literaria galega a través das bibliotecas públicas.Trátase dun programa en formato magazine radiofónico presentado por Teresa Cuiñas e Eva Mejuto no que tratan diferentes aspectos sobre o mundo da literatura, a edición, a lectura, etc. Un proxecto… Seguir lendo Entreliñas

As Conversas dos Saberes Próximos

Saberes Próximos é un proxecto que busca coñecer de primeira man as motivacións e o xeito de traballar das persoas e colectivos que recollen, gardan e comparten o noso patrimonio inmaterial. Nas Conversas dos Saberes Próximos falamos máis devagar con varias recompiladoras dos saberes e tradicións galegas pero, sobre todo, dos valores que hai detrás… Seguir lendo As Conversas dos Saberes Próximos

Os Dous de Sempre

Podcast sobre noticias, humor, curiosidades, xogos e, en liñas xerais, ao voso entretemento. Que podería saír mal?Todo. Temos moito medo, así que sede bos e boas con nós. Esperamos que vos guste 🙂

Paseando por Compostela con mulleres

Este programa fará un percurso por Compostela (as súas rúas, os seus barrios, as súas parroquias…) coas súas mulleres. A maioría das mulleres das que falaremos son pouco coñecidas, moitas anóminas, e a vida de Compostela, como a de moitos outros lugares, sería impensable sen elas, non estaría escrita.

A Palleira

Un programa de entrevistas no que atoparás conversas de persoas da cultura e da nosa contorna. Falamos arredor de cousas interesantes das súas vidas, pero tamén do cotián.

Palavra Perduda

Neste espaço abordaremos fundamentalmente temas literários. Bem mediante a análise crítica de um ou vários livros. Bem centrando-nos no perfil dum autor ou autora salientável, ou que desejamos tratar devido à relevância ou impacte da sua obra. Bem-vindas serám as aportaçons e intervençons doutras persoas, convidadas a fim de complementar o nosso ponto de vista.… Seguir lendo Palavra Perduda