Este programa aborda todos os temas, con información, argumentos e datos para coñecer a realidade na que vivimos.
Etiqueta: Xornalismo
KebraNozes
KebraNozes é un podcast da Radio Kalimera creado para actuar como medio de denuncia directa ao servizo do pobo. O principal obxectivo deste proxecto é perseguir e desentrañar as dinámicas fraudulentas, o caciquismo e a meritocracia proporcionando unha vía rápida e acesible para que a cidadanía faga públicas as denuncias que son rexeitadas polas autoridades… Seguir lendo KebraNozes
Fálase
Ao fío do décimo aniversario de Praza.gal nace o primeiro podcast informativo producido polo xornal. Botando man do nome dunha das nosas seccións máis visitadas, Fálase nace coa vontade de explicar, contextualizar, darlle un novo percorrido ou resumir algunhas das informacións nas que está a traballar a redacción cada semana. Conducido por David Lombao e… Seguir lendo Fálase
A actualidade está sobrevalorada
Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e… Seguir lendo A actualidade está sobrevalorada
Reportaxes Radio Ateneo
Programa informativo que trata un tema en profundidade falando con distintas fontes.
Conexión.gal
Conexión.gal é un programa producido por Praza.gal e VINTE e conducido por Ana G. Liste para dar voz á nova emigración galega. Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Entrevistas Radio Ateneo
Entrevistas en profundidade con diversas personalidades que teñan algo que achegar ao Ateneo, á cidade, á cultura ou ao ámbito social.
A Mala Radio
Cine, música, ciencia, literatura… e tamén parvadas. Outro podcast de entrevistas.
Carretando
Carretando, nos vieiros da política galega. Podcast que afonda nas cuestións máis relevantes da política galega. Nunha viaxe sonora en autocaravana, desbotamos o mito da obxectividade e apostamos pola pluralidade e honestidade. Divulgación politolóxica, entrevistas, reportaxes e faladoiros sosegados. Apostamos por unha política construtiva e pola participación e integración da cidadanía na mesma. Súbete connosco!
Retrocorenta
En Retrocorenta percorremos algúns recunchos das últimas catro décadas da historia de Galicia tirando dos fíos da cultura, da música, dos deportes, das xentes, dos lugares… Algunhas desas cousas que tamén son historia do país e parte da nosa memoria colectiva. Poremos voces ás lembranzas, refrescarémolas e, seguro, tamén falaremos un chisco do presente e… Seguir lendo Retrocorenta
Té con Gotas
Podcast sobre ideas e actualidade no Reino Unido. Falaremos das últimas novidades do que está acontecendo neste país e entrevistaremos a galegos e galegas que estean traballando en cousas interesantes das que paga a pena aprender. Dirixido por Miguel Rodríguez Fernández e Duarte Romero Varela.