A Estación Cultural

Este podcast xorde da nosa radio aberta e participativa. Buscamos facer visible o invisible e utilizar a fala como ferramenta dinamizadora e mostrar a diversidade da nosa cultura. Convidámosvos a escoitar as entrevistas que fixemos dende a Estación de Santa Cruz de Ribadulla en Vedra.

A Nova Realidade

Programa de radio que logo é gravado para escoitar en formato podcast que fala de actualidade, de asociacións do Concello de Teo, de música galega, de cine, de economía e de Mulleres Galegas Kañeras. O Podcast A Nova Realidade forma parte dunha programación da radio A Xente de Teo que conta con máis podcast e… Seguir lendo A Nova Realidade

Emprendendo en 10 minutos

Emprendendo.gal son as miñas experiencias persoais e intransferibles no camiño de construír un proxecto que pague as facturas todos os meses. Semanalmente subirei un novo episodio onde falarei das miñas experiencias persoais (e tamén intentarei aportar algo de valor).