Um T com Nee

Com este podcast, @neeumatiko recolhe a mudança da sua voz em testosterona. Assim, cada episódio explora um rito de passagem duma cultura diferente, com uma voz um pouquinho mais grave. Porque todes estamos sempre a transicionar. Tes 25 minutos? Pois vem tomar um té com Nee.

As Cousas de Migueliño

Nestes tempos confusos de pandemia, de extremismos políticos, nace este espazo de podcast coa finalidade de entreter e difundir o traballo da diáspora galega que, dende o exterior traballan para labrarse unha vida pero nunca esquecen a terra NAI : Galicia. Un espazo de información, entrevistas e cultura que ten como único obxectivo dar a… Seguir lendo As Cousas de Migueliño

Agrupación Xosé Velo

Somos un grupo de persoas, de diferentes referencias ideolóxicas, interesadas en coñecer e espallar a situación en Latinoamérica -que está a vivir un dos seus momentos históricos máis tensos e esperanzadores- así como as súas causas e consecuencias. A Agrupación Xosé Velo, ten como obxectivo básico espallar información veraz da realidade política, social, cultural e… Seguir lendo Agrupación Xosé Velo

Té con Gotas

Podcast sobre ideas e actualidade no Reino Unido. Falaremos das últimas novidades do que está acontecendo neste país e entrevistaremos a galegos e galegas que estean traballando en cousas interesantes das que paga a pena aprender. Dirixido por Miguel Rodríguez Fernández e Duarte Romero Varela.