Premios literarios UVigo

Podcast dos Premios Literarios da Universidade de Vigo. Cada ano, coincidindo coas Letras Galegas, a Universidade de Vigo presenta unha serie de audiolibros cos textos gañadores dos Premios Literarios UVigo nas categorías de poesía, relato curto e tradución á lingua galega. Este podcaste é un espazo para gozar da creatividade literaria en galego, coñecer o… Seguir lendo Premios literarios UVigo

Vinte de Foliada

Vinte de Foliada é un proxecto documental co que nos achegamos á tradición máis actual. As pandeiretas, gaitas, bailes e cantos resoan con forza en escolas, asociacións, parques ou mesmo pubs, onde se xunta persoas de todas as idades para gozar e participar da música tradicional. O ‘tradi’ vive un momento doce e ocupa espacios… Seguir lendo Vinte de Foliada

Rescate en audio

Un programa no que socias e socios de GÁLIX rescatan aos nosos clásicos e aquelas obras da nosa literatura infantil e xuvenil. Deste xeito, pretendemos darlles espazo aos libros que, sen seren novidades recentes, dalgún xeito deixaron pouso e marcaron o camiño no que é o LIXG actual. Compartimos estas achegas e agardamos polas vosas… Seguir lendo Rescate en audio

Podcast Letras Galegas UVigo

A Universidade de Vigo súmase á celebración do Día das Letras Galegas cunha serie de episodios especiais nos que compartimos os audiolibros dos textos gañadores dos Premios de poesía, relato curto e tradución do concurso organizado pola Área de Normalización Lingüística (ANL). Unha aposta pola creatividade literaria en galego e pola difusión do talento da… Seguir lendo Podcast Letras Galegas UVigo

Conversando con …

Conversando con… é unha iniciativa sonora da web www.xulipedia.com, creada por Xulio Simón co apoio técnico de Luís Losada. xulipedia.com é unha base de datos organizada por ordecronolóxica, con información da literatura galega e das outrasliteraturas románicas peninsulares e mais da literatura universal.Trátase dun proxecto vivo que promove o recoñecemento daexcelencia e relevancia da cultura… Seguir lendo Conversando con …

A língua em décadas

Podcast da AGAL em formato de entrevistas criado para comemorar os 40 anos de oficialidade da nossa língua na Galiza. Charo Lopes conversa em volta da língua com diferentes pessoas que, nesta matéria, caracterizam uma determinada década. Nelas queremos contemplar com uma visom o mais transversal possível da sociedade galega e as suas e circunstâncias… Seguir lendo A língua em décadas

Galiportus

Galiportus é un podcast que busca redefinir o coñecemento xeral acerca das intensas relacións socioculturais existentes entre Galiza e Portugal. Contidos de actualidade, lingua, historia e historias, natureza, turismo, patrimonio, protagonistas da música ou da cultura. Lendas, xentes, ideas. Proxectos e realidades transfronteirizas. Todo en clave galaico-portuguesa.

Facer memoria

Un podcast de historias contadas en primeira persoa Facer memoria é un proxecto no que a veciñanza dos concellos participantes ten unha serie de encontros con compoñentes da compañía Berrobambán. Nesas xuntanzas compartimos historias e anécdotas directamente relacionadas co lugar, e así, entre contos e conversas, tentamos reconstruír parte da memoria local. Este podcast recolle… Seguir lendo Facer memoria

A Estación Cultural

Este podcast xorde da nosa radio aberta e participativa. Buscamos facer visible o invisible e utilizar a fala como ferramenta dinamizadora e mostrar a diversidade da nosa cultura. Convidámosvos a escoitar as entrevistas que fixemos dende a Estación de Santa Cruz de Ribadulla en Vedra.

As Cousas de Migueliño

Nestes tempos confusos de pandemia, de extremismos políticos, nace este espazo de podcast coa finalidade de entreter e difundir o traballo da diáspora galega que, dende o exterior traballan para labrarse unha vida pero nunca esquecen a terra NAI : Galicia. Un espazo de información, entrevistas e cultura que ten como único obxectivo dar a… Seguir lendo As Cousas de Migueliño

Contacontos en galego

Ola, boas, chámome Patty Castro son vocalista e locutora e son a creadora de Contacontos en galego, este proxecto nace da experiencia como nai, que cría as súas fillas intentando que teñan aceso a contos e material educativo e de lecer en galego. E tamén do meu amor pola locución e a promoción e visibilidade… Seguir lendo Contacontos en galego

Agrupación Xosé Velo

Somos un grupo de persoas, de diferentes referencias ideolóxicas, interesadas en coñecer e espallar a situación en Latinoamérica -que está a vivir un dos seus momentos históricos máis tensos e esperanzadores- así como as súas causas e consecuencias. A Agrupación Xosé Velo, ten como obxectivo básico espallar información veraz da realidade política, social, cultural e… Seguir lendo Agrupación Xosé Velo

A Palleira

Un programa de entrevistas no que atoparás conversas de persoas da cultura e da nosa contorna. Falamos arredor de cousas interesantes das súas vidas, pero tamén do cotián.