Este podcast xorde da nosa radio aberta e participativa. Buscamos facer visible o invisible e utilizar a fala como ferramenta dinamizadora e mostrar a diversidade da nosa cultura. Convidámosvos a escoitar as entrevistas que fixemos dende a Estación de Santa Cruz de Ribadulla en Vedra.
Etiqueta: Emigración
Ireki Gaiola
Programa de radio, desde Euskal Herria contando que outra Galiza é posible.
As Cousas de Migueliño
Nestes tempos confusos de pandemia, de extremismos políticos, nace este espazo de podcast coa finalidade de entreter e difundir o traballo da diáspora galega que, dende o exterior traballan para labrarse unha vida pero nunca esquecen a terra NAI : Galicia. Un espazo de información, entrevistas e cultura que ten como único obxectivo dar a… Seguir lendo As Cousas de Migueliño
Conexión.gal
Conexión.gal é un programa producido por Praza.gal e VINTE e conducido por Ana G. Liste para dar voz á nova emigración galega. Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Ao Leste Do Norte
Sobre Alemaña para Galiza e para o resto do mundo.
Agrupación Xosé Velo
Somos un grupo de persoas, de diferentes referencias ideolóxicas, interesadas en coñecer e espallar a situación en Latinoamérica -que está a vivir un dos seus momentos históricos máis tensos e esperanzadores- así como as súas causas e consecuencias. A Agrupación Xosé Velo, ten como obxectivo básico espallar información veraz da realidade política, social, cultural e… Seguir lendo Agrupación Xosé Velo
A Palleira
Un programa de entrevistas no que atoparás conversas de persoas da cultura e da nosa contorna. Falamos arredor de cousas interesantes das súas vidas, pero tamén do cotián.
Likor Kafe
Programa em galego na Zintzilik Irratia de Orereta (Euskal Herria).
Té con Gotas
Podcast sobre ideas e actualidade no Reino Unido. Falaremos das últimas novidades do que está acontecendo neste país e entrevistaremos a galegos e galegas que estean traballando en cousas interesantes das que paga a pena aprender. Dirixido por Miguel Rodríguez Fernández e Duarte Romero Varela.
Galiza…algo máis
Programa semanal en galego feito desde Catalunya. Presentado e dirixido por un grupo de galegocataláns con inquedanzas no ámbito da actualidade e da cultura.