Somos Marta e Ana e temos un podcast para falar con mulleres novas que fan cousas e das cousas que nós facemos. Entre risas e choros intentamos aprender algo máis sobre saúde mental e o mundo caótico no que nos tocou vivir. A todo isto, como estades?
Categoría: Feminismo
Voces do CEXEF
Podcast do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña. Unha pílula sonora que se achegará ás diversas liñas, temáticas e perspectivas -no ámbito dos estudos de xénero-feministas- que se están a tratar no CEXEF a través das voces das súas investigadoras.
A maçã da Eva
Dúas mulleres que pasan dos corenta falan abertamente e con moita retranca de sexo e relacións afectivas.
Isolda, Diana e Martín viven nun mocasín
Isolda, Diana e Martín deciden desafiuzar aos ricos dos seus propios mocasíns, para crear neste un espazo de creación, sabedoría e debate, onde todas somos unhas xenias.
Rúa Revolta
Rúa Revolta é un podcast e programa de radio que pode ser escoitado en Radio Fene (13:35 e 14:35h de luns a venres) e en Radiofusión (20h de luns a venres). Falamos sobre a sociedade e cultura actuais desde unha perspectiva de xénero. Conducido por Uxía Castro.
Paseando por Compostela con mulleres
Este programa fará un percurso por Compostela (as súas rúas, os seus barrios, as súas parroquias…) coas súas mulleres. A maioría das mulleres das que falaremos son pouco coñecidas, moitas anóminas, e a vida de Compostela, como a de moitos outros lugares, sería impensable sen elas, non estaría escrita.
Radio Ingrávida
Teatro, cultura, comunidade na Radio Ingrávida, a radio da antiga sala teatral, con Irene Moreira.
As Womansplainers
As señoras explícanche cousas. Agora é a nosa quenda.
Macromachismos
Un proxecto da Cátedra Feminismos 4.0 Depo-Uvigo.
A ollada violeta
Neste podcast trataremos temas que teñen que ver con todas nós dende unha perspectiva feminista e en galego.