Neste apartado imos deitar recursos e consellos para facer ou escoitar podcasts. [sección en proceso]
Para gravar “en solitario”, recomendamos Audacity ou algún programa similar; mais se es dos que prefiren ter compaña, velaquí tes unha listaxe de software para gravar podcasts entre varias persoas desde distintos puntos, facer entrevistas, etc.
- BigBlueButton: https://docs.bigbluebutton.org/
- CleanFeed: https://cleanfeed.net/
- Jitsi: https://jitsi.org/
- Meet: https://meet.google.com/
- Mumble: https://www.mumble.info/
- Skype: https://www.skype.com
- Zencastr: https://zencastr.com/
- Zoom: https://zoom.us/
Hai unha chea de sitios para escoller. Aquí poñemos as opcións que nos parecen máis relevantes e interesantes. Ti escolles a que mellor che acaia para o teu propósito.
- Anchor
- De balde. Sen límite de hosting, ten distribución a todas as plataformas e directorios principais. Permite o uso de música con licenzas privativas se está incluído no catálogo de Spotify. Fornece tamén estatísticas e analíticas de escoita. Ten ferramentas para edición e publicación directa. E dispón de opción para monetizar desde a propia plataforma.
- iVoox
- De balde, sen límite de hosting*. Distribución nas plataformas de Apple Podcasts e Google Podcasts**. Permite o uso de música con licenzas privativas. Fornece tamén estatísticas e analíticas de escoita. Opcións Premium de pago a partir de 6,99 € e co opción de monetizar.
- *Ate 120 minutos por episodio e até 20 episodios no feed. Tamén reduce a calidade do mp3.
** Só nas contas de pago. - Red Circle
- Hospedaxe sen límites e de balde. Estatísticas e distribución nas principais plataformas. Sistema de monetización con distintas opcións.
- Sounder
- Ten hospedaxe de balde e de pago, estatísticas. Na opción básica permite até 2 usuarios e 5000 “descargas”/mes.
- Spreaker
- Gratis até 5 horas, 10 episodios e 15 minutos de emisión en directo por streaming. Plans PRO desde 100 horas e 6 €. Estatísticas básicas para contas de balde e opcións premium para as PRO, incluída monetización.
- Blubrry
- Boa integración con WordPress (teñen plugin propio para iso). Plans PRO desde 100 MB/mes e 12 $. Inclúe estatísticas e sitio web propio con WP.
- Libsyn
- Unha das máis veteranas. Plans PRO desde 100 MB/mes e 5 $.
- PodBean
- Outra das veteranas. Plan básico de balde até 5 horas e plans PRO desde 9 $/mes con hospedaxe ilimitado. Tamén ofrece estatísticas e opcións de monetización.
- BuzzSprout
- Plan básico de balde até 2 horas/mes (e até 90 días, despois borran) e plans PRO desde 12 $/mes con até 3 horas/mes (permanentes e 4 $ por cada hora que se pase das 3). Tamén ofrece estatísticas.
- Podigee
- Plans PRO desde 12 €/mes sen límites para 1 podcast. Tamén ofrece optimización de audio con Auphonic e estatísticas.
- Podomatic
- Gratis até 500 MB. Plans PRO desde 2 GB e 2,49 $. Estatísticas básicas para contas de balde e opcións premium para as PRO, incluída monetización.
Aquí podedes atopar algúns recursos libres, ou case, que podedes empregar para o voso podcast. Ollo sempre as licenzas*. Se permiten só o uso non lucrativo non deberiades empregalas se ides “monetizar”.
- FreeSound: recursos sonoros, efectos, gravacións de campo, etc. Muitas con licenzas CC-0.
- CCMixter: músicas instrumentais, para bandas sonoras, etc. Licenzas CC-NC, CC-BY e TuneTrack.
- Jamendo: música de todos os estilos con licencias para uso comercial (consultar condicións e prezos).
- Epidemic Sound: outra opción para conseguir música con licencias para uso comercial (consultar condicións e prezos).
- WhatFunk: música libre instrumental para usos comerciais, ou non, organizada por estilos, xéneros ou instrumentos.
Bonus: temos tamén acá a música que creou e liberou Cousxs para uso de twitcheires e podcasteires.
- AntennaPod (Android)
- Apple Podcast (iOS)
- CastBox (Android, iOS)
- Google Podcasts (Android)
- gPodder (Linux, Windows, macOS)
- iVoox (Android, iOS)
- Overcast (iOS)
- Pocket Cast (Android, iOS)
- Podbean (Android, iOS)
- Podcast Addict (Android)
- Podcast Guru (Android)
- Podcast Republic (Android)
- Poddr (Linux, Windows, macOS)
- Podimo (Android, iOS)
- Podomatic Player (Android, iOS)
- Spotify (Android, iOS, Windows)
- Stitcher (Android, iOS)
- VLC (Android, iOS, Linux, Windows)
- Vocal (Linux)
Curso de Audacity para Podgalego.
Curso producido por Jorge Lama para toda a comunidade de Podgalego
- 1.ª parte do curso: Configuración de audacity e gravación
- 3.º parte do curso e resumo da 2.ª: Edición, espectrograma e EQ
Obradoiro “Hardware para podcasting”
“Hardware para podcasting – PodGalego“, por Roi Rodríguez e Jorge Lama, CC-BY-SA.
Outros recursos
- Como extraer audio dun vídeo con Audacity.
- Como posprocesar automaticamente arquivos de audio (Auphonic).
- Como facer vídeos promocionais co efecto de “ondas sonoras” con ShotCut (en inglés).