Rescate en audio

Un programa no que socias e socios de GÁLIX rescatan aos nosos clásicos e aquelas obras da nosa literatura infantil e xuvenil. Deste xeito, pretendemos darlles espazo aos libros que, sen seren novidades recentes, dalgún xeito deixaron pouso e marcaron o camiño no que é o LIXG actual. Compartimos estas achegas e agardamos polas vosas… Seguir lendo Rescate en audio

A Voz do Demo

Espazo de divulgación cultural de Demo Editorial, editora especializada en banda deseñada galega. Magazine con diversas seccións que presta especial interese a diversos aspectos da cultura galega como a arte, humanidades, temas sociais, historia e arqueoloxía, biografías ou reflexións sobre aspectos do mundo creativo e os seus oficios.