Podcast Letras Galegas UVigo

Letras Galegas UVigo

A Universidade de Vigo súmase á celebración do Día das Letras Galegas cunha serie de episodios especiais nos que compartimos os audiolibros dos textos gañadores dos Premios de poesía, relato curto e tradución do concurso organizado pola Área de Normalización Lingüística (ANL).

Unha aposta pola creatividade literaria en galego e pola difusión do talento da nosa comunidade universitaria.