Este Faiado non é o que se atopa na parte máis alta das vosas casas, non. Para subir ao noso faiado, só hai que escoitar todas as conversas que gardamos con moita ilusión para vós. Unha vez dentro, atoparedes o último dos podcasts galegos (e en galego).
Pero, de que imos falar no Faiado? Os temas van ir cambiando en cada episodio, porque aquí somos fans do caos que, ademais, caracteriza aos faiados (quizais cun chisco máis de orde, esperemos).
Maioritariamente, serán cuestións relacionadas coa cultura pop, a cultura galega e outras de índole social, que pasan máis desapercibidas nos medios de comunicación. Contaremos con persoas convidadas para crear un espazo no que debater, reflexionar e, por suposto, botar unhas boas risas.

Este Faiado non é o que se atopa na parte máis alta das vosas casas, non. Para subir ao noso faiado, só hai que escoitar todas as conversas que garda con moita ilusión para vós. Unha vez dentro, atoparedes o último dos podcasts galegos (e en galego).
Falaremos de temas moi variados, sobre cultura pop, galega e outras de índole social que pasan máis desapercibidas nos medios de comunicación. Contaremos con persoas convidadas para crear un espazo no que debater, reflexionar e, por suposto, botar unhas boas risas 🌟
Ben que nos gusta ir sacar uns puntos e botar uns bailes nunha foliada, pero aínda hai que se pregunta se ”o tradi” está de moda… O que se leva é protexer o noso patrimonio inmaterial e a cultura galega, mais esta debe ser inamovible? Podemos repensar a tradición e analizar se estamos a manter comportamentos machistas e discriminatorios? Hai marxe para reinterpretala?
Dende os cambios de letras nas coplas ata as reticencias ao cambio e as raíces que se senten na alma, falamos coas agrupacións folclóricas Pés de Barro e As Gharbosas de Vilagarcía e as precursoras da iniciativa Andar cos Tempos.

