Programa de radio escolar realizado no IES Leiras Pulpeiro de Lugo.A maioría das veces facemos programas musicais, pero de cando en vez divulgativos e noticiarios.
Categoría: Magazine
O galo canta
Programa espertador de Radio Estrada no que terás música, axenda cultural, hábitos saudables, humor, e moito máis. Presentado por Iago Gordillo.
Marmodcast
BENVID@ A MARMODCAST. En cada episodio traémosvos contido relacionado co audiovisual, a música, a interpretación… En definitiva, o sector cultural. Se non tenemos cultura, non somos ninguén. Presentado por Fran Rivas.
Lume de Carozo
Somos Brais e Will, un par de amigos galegos da xeración Z, que debatemos sobre a sociedade e diversos temas de actualidade.Tamén traemos invitados de diversas áreas que aportan coñecemento e dinamismo.
Exército Mekemeke
Ola parroquia! Únete ao exército de mekemekes que está a invadir os podcasts. Un programa dirixido por Carlos Vieito en colaboración con Miguel Abad e Xabier Dios.
espazo negativo
Espazo negativo é unha podcast na que (nós!) Ari e Dan falamos de cousas que nos gustan. Ás veces, unhas cousas levan a outras, e acabamos falando doutras cousas que nos gustan, tamén. Pero polo xeral gústanos a arte e a política.
A Mala Radio
Cine, música, ciencia, literatura… e tamén parvadas. Outro podcast de entrevistas.
O Son das Aulas
Podcast do Club de Letras do IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña) nos que se pon en valor a palabra e o son.
A Voz do Demo
Espazo de divulgación cultural de Demo Editorial, editora especializada en banda deseñada galega. Magazine con diversas seccións que presta especial interese a diversos aspectos da cultura galega como a arte, humanidades, temas sociais, historia e arqueoloxía, biografías ou reflexións sobre aspectos do mundo creativo e os seus oficios.
A Nova Realidade
Programa de radio que logo é gravado para escoitar en formato podcast que fala de actualidade, de asociacións do Concello de Teo, de música galega, de cine, de economía e de Mulleres Galegas Kañeras. O Podcast A Nova Realidade forma parte dunha programación da radio A Xente de Teo que conta con máis podcast e… Seguir lendo A Nova Realidade
Sábados no Cruceiro
Magazine que se emite os sábados á tarde na Radio Filispim. Diferentes contidos: entrevistas, música, economía, cine… danse cita os sábados á tarde neste programa conducido por Joaquín Enríquez xunto coa colaboración de Celia Fernández e Félix Puime.
Baleiro Perfecto
Hai falangullos e falangullos, pero ningún sucede no Baleiro Perfecto. Un podcast que facemos desde o magazine A que cheira, papá? Eis un espazo onde o paradoxo de Fermi ben pode ser un evanxeo, onde os mapas imaxinarios agochan tesouros gardados por dragóns, onde a maxia é ciencia e cada quince días ocorre o inesperado.… Seguir lendo Baleiro Perfecto
Radio Outeiro
Radio Outeiro, a radio popular e participativa de San Sadurniño. Emisora popular e participativa emitindo dende o Outeiro #SanSadurniño para o mundo.
Likor Kafe
Programa em galego na Zintzilik Irratia de Orereta (Euskal Herria).
Bueno Carallo Bueno
A última mala nova do 2020. Outro podcast. Presentado por Silvio Falcón e Alberte Montes.
O Tigre do Futuro
Chega O Tigre do Futuro, un podcast que facemos desde o magazine cultural A que cheira, papá? O Tigre do Futuro é un podcast de historias, un oráculo onde se reúnen todos os temas e contos orfos doutro lugar onde se refuxiar. Cada día os peregríns proporán 3 temas, que poden ir desde o máis… Seguir lendo O Tigre do Futuro
Mi madriña
Un podcast en galego (desde London), para galegos. Pasa o tempo con Carlos e Edgar falando, compartíndo, e ensinándolles a beleza do idioma!
ProcastiNation
Somos os ProcastiNation (antes Bocachanclas), uns amigos que falan… falan moito… incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente nos levan a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo… por que nós non?
Café Derby 21
Unha sobremesa cultural e virtual con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana. Todos os mércores novo programa.
Aquí hai tema
Aquí hai tema é un podcast feito en Galicia de temática variada pero cun eixo común, pasalo ben e aprender.
A Tribo Radio
A TRIBO é un programa de radio deseñado especificamente para Internet, que emerxe desde o confinamento, para dar voz a toda esa comunidade que aspira a unha sociedade crítica, sensible ás necesidades das máis desfavorecidas, aos cambios sociais, ao medio ambiente, á ciencia, á cultura. Un espazo onde atoparnos, tecer redes e complicidades. A TRIBO… Seguir lendo A Tribo Radio
As Conversas da Lobeira
Novo xeito de consumir algún do contido de A Lobeira today. Hoxe nace As Conversas da Lobeira!! Por aquí iran chegando a razón de un cada domingo, todos os audios dos directos mantidos a través do instagram durante este período de volta á normalidade, e quen sabe se despois tamén.
Roxín Roxal
Novas culturais. Información sobre as actividades da ACLP Roxín Roxal e outras novas de interese.
Sesión Vermú
Rubén, Jenni e Jimmy xúntanse tratando de facer risa. Cada quince días (máis ou menos), porno auditivo en Spotify. Un podcast para facer a pera.