Premios literarios UVigo

Premios literarios UVigo.

Podcast dos Premios Literarios da Universidade de Vigo.

Cada ano, coincidindo coas Letras Galegas, a Universidade de Vigo presenta unha serie de audiolibros cos textos gañadores dos Premios Literarios UVigo nas categorías de poesía, relato curto e tradución á lingua galega.

Este podcaste é un espazo para gozar da creatividade literaria en galego, coñecer o talento da comunidade universitaria e celebrar a forza das nosas letras.

Organiza: Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (ANL UVigo).