Que é Canto Conto? Son MJ Pérez, coñecida pola miña faceta como cantautora mais son comunicadora tamén. Quero compartir co público dun xeito próximo e entretido a realidade dos nosos camiños e do noso traballo. Converso con persoas que para min son de grande interese por diversos motivos e só agardo que atopedes nestas conversas entretemento, reflexión e puntos de encontro.
Canto Conto é un podcast conversacional e de entretemento conducido por MJ Pérez. Del séntase a conversar con persoas de interese (algunhas máis coñecidas, outras menos) e afondan sobre varios temas, entre eles todo o que hai detrás dos seus traballos.
Síguenos, podes escoitarnos en iVoox, Apple Podcast e Spotify.

Que é “Canto Conto”? Nesta pequena presentación cóntovos de que vai este podcast e o porqué da súa creación. Queremos compartir co público dun xeito cercano e entretido a realidade dos nosos camiños e do noso traballo.
Converso con persoas que para min son de grande interese por diversos motivos e só agardo que atopetes nestas conversas entretimento, reflexión e puntos de encontro. Síguenos, podes esecoitarnos en iVoox e Spotify.
Podes seguir tamén as RRSS de MJ Pérez para estar ao tanto da saída de cada novo capítulo.
Esta é, sen dúbida, unha das conversas máis especiais do podcast ata a data.
Se ben é certo que coñezo a Cristina dende cativa, como tantos de nós, de vela actuar na TV ou escoitala na radio, podo dicir que tiven a sorte de coñecela hai algo máis de 10 anos atrás, nunha etapa na que eu era todo ilusión, nunha etapa na que foi moi importante para min dar cun referente coma ela. E si, falo dela coma referente, coma inspiración (aínda que reflexionamos sobre este concepto na conversa).
Había uns cantos anos que non cadrabamos, e foi agora, entre este momento de presentación de Fora de foco, a súa última novela, e o pretexto deste podcast, que nos volvemos xuntar.
Con ela tiven a sorte de ter unhas cantas conversas ao longo dos anos que me fixeron reflexionar moito e que me axudaron en momentos clave. E esta é unha máis, só que cun micro diante, para facervos partícipes tamén a vós. Coma sempre, xenerosa comigo, e eu, agradecida con ela.
Acompañádenos nesta conversa 🙂

