Tanto Que Contar (TQC)

Tanto Que Contar.

Tanto Que Contar (TQC) é un videopodcast en galego con invitados/as e contido de valor, presentado por Noa García e dirixido e producido por wecom.

TQC xorde co propósito de converterse nun espazo de intercambio de coñecemento a través de conversas distendidas orientadas a entreter, inspirar, informar e formar.

O principal valor desta iniciativa son os convidados/as, que teñen a xenerosidade de compartir publicamente as súas historias profesionais e persoais e que permiten que nos adentremos en temas e sectores tan diversos e de interese en Galicia como o xornalismo, a cultura, o deporte, o medio ambiente, o emprendemento, os negocios, etc.