Vinte de Foliada

Vinte de Foliada é un proxecto documental co que nos achegamos á tradición máis actual. As pandeiretas, gaitas, bailes e cantos resoan con forza en escolas, asociacións, parques ou mesmo pubs, onde se xunta persoas de todas as idades para gozar e participar da música tradicional. O ‘tradi’ vive un momento doce e ocupa espacios… Seguir lendo Vinte de Foliada

Fusco

Fusco. A Crónica Negra da Galiza é o falangullo da crónica negra da Galiza. Ao longo dos episodios falaremos de crimes reais e misterios non resoltos que configuran a historia máis fusca do noso país. Historias que, desde logo, merecen ser contadas. Síguenos no Instagram e no Facebook de Parola Comunicación para estar ao día!

Mulleres que viven soas

MQVS son dez cápsulas sonoras que recollen experiencias de mulleres diversas en xeración e percorrido vital comparte. Hai quen leva máis de trinta anos vivindo soa e hai quen leva pouco tempo. Hai quen o tivo sempre moi claro e hai a quen lle custou tomar esa decisión. Para algunhas foi un paso decidido e… Seguir lendo Mulleres que viven soas

Retrocorenta

En Retrocorenta percorremos algúns recunchos das últimas catro décadas da historia de Galicia tirando dos fíos da cultura, da música, dos deportes, das xentes, dos lugares… Algunhas desas cousas que tamén son historia do país e parte da nosa memoria colectiva. Poremos voces ás lembranzas, refrescarémolas e, seguro, tamén falaremos un chisco do presente e… Seguir lendo Retrocorenta