Ao igual que o esqueleto de Castelao, aquí contamos contos en lingua galega. Contos de Galicia ou de calquera nacionalidade traducidos ao galego, e tamén fragmentos de grandes obras. Cousas que se contan… escoita!
Etiqueta: Audiolibro
O son da Baña
Canle de podcast realizada polo alumnado do CPI de San Vicente da Baña. Entrevistas, audiocontos, reportaxes… levamos o son da Baña aos vosos fogares.
O Foxo do Lobo
O Foxo do Lobo tentará ser un refuxio do mundo exterior. Um xeito de viaxar sen movemento. Unha maneira de contar, lembrar e coñecer historias e música. Un búnker alén da realidade.
Contacontos en galego
Ola, boas, chámome Patty Castro son vocalista e locutora e son a creadora de Contacontos en galego, este proxecto nace da experiencia como nai, que cría as súas fillas intentando que teñan aceso a contos e material educativo e de lecer en galego. E tamén do meu amor pola locución e a promoción e visibilidade… Seguir lendo Contacontos en galego
No fondo
Un maremoto asolaga A Coruña, polo que toda a poboación se traslada á área metropolitana, deixando o que antes se coñecía como A Coruña abandonada; para forzar á pouca xente que se resiste a deixar as súas casas decrétase a zona cero e cancélanse os suministros enerxéticos. Emporiso, esa pouca xente sobrevive con negocios pintorescos… Seguir lendo No fondo