Vinte de Foliada é un proxecto documental co que nos achegamos á tradición máis actual. As pandeiretas, gaitas, bailes e cantos resoan con forza en escolas, asociacións, parques ou mesmo pubs, onde se xunta persoas de todas as idades para gozar e participar da música tradicional. O ‘tradi’ vive un momento doce e ocupa espacios alén da contornas rurais. Nesta produción de VINTE conversamos con alumnas, mestras, investigadoras ou artistas na súas aulas e nas propias foliadas polas cidades galegas e coñecemos as súas historias de amor pola música, o baile ou os instrumentos tradicionais que tamén ecoan –e moito- nas cidades galegas.
Unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

Vinte de Foliada é un proxecto documental co que nos achegamos á tradición máis actual. As pandeiretas, gaitas, bailes e cantos resoan con forza en escolas, asociacións, parques ou mesmo pubs, onde se xunta persoas de todas as idades para gozar e participar da música tradicional. O ‘tradi’ vive un momento doce e ocupa espacios alén da contornas rurais. Nesta produción de VINTE conversamos con alumnas, mestras, investigadoras ou artistas na súas aulas e nas propias foliadas polas cidades galegas e coñecemos as súas historias de amor pola música, o baile ou os instrumentos tradicionais que tamén ecoan –e moito- nas cidades galegas.
Unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia
Poucos espazos máis susceptibles de xuntar troula e tradición en Ourense ca un magosto. E ata un dos máis clásicos da cidade levamos os micrófonos deste Vinte de Foliada.
Entre castañas e carballos de Monteledo, o encontro organizado polo colectivo A Galleira ábrenos a porta de grupos como Algaravía, A Cuñeira, a Asociación Ourensá de Folclore e do legado doutras como Auriense.
A conversa con participantes nesta festa achéganos a encontros periódicos coa música tradicional coma os Venrespirar, dos que nos fala Gabi Reboredo, músico e profesor de canto, percusión e baile en Algaravía, que goza do magosto preto dalgunhas das súas alumnas.
Lucía, Raquel, Noelia… Ourensás moi activas no tradi que nos explican como a música tradicional está moi viva e vai ao carón de valores actuais para mocidade e maiores da cidade e tamén para persoas vidas de fóra como Alba, moza de Valladolid que a través da música chegou tamén á lingua galega.
Na redacción, produción, realización e locución deste episodio estiveron Vanesa Vázquez e David Lombao.
Vinte de Foliada é unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

