Un podcast de historias contadas en primeira persoa
Facer memoria é un proxecto no que a veciñanza dos concellos participantes ten unha serie de encontros con compoñentes da compañía Berrobambán. Nesas xuntanzas compartimos historias e anécdotas directamente relacionadas co lugar, e así, entre contos e conversas, tentamos reconstruír parte da memoria local. Este podcast recolle algúns dos momentos vividos coa vontade de espallalos e que formen parte da memoria colectiva.

Historias contadas en primeira persoa.
Facer memoria é un proxecto no que a veciñanza dos concellos participantes ten unha serie de encontros con compoñentes da compañía Berrobambán. Nesas xuntanzas compartimos historias e anécdotas directamente relacionadas co lugar, e así, entre contos e conversas, tentamos reconstruir parte da memoria local. Este podcast recolle algúns dos momentos vividos coa vontade de espallalos e que formen parte da memoria colectiva.
Os encontros en Carballo desenvolvéronse durante o transcurso do Festival Internacional de Outono Teatral (FIOT). Neses días, visitamos as parroquias de Oza e Verdillo onde nos contaron anécdotas dos camiños para ir ás festas, as rivalidades polas feiras e uns cantos rituais para quitar algúns males. Tamén falamos con Xan Fraga, da Asociación Lumieira, Evaristo Domínguez do Instituto de Estudos Bergantiñáns e Sara Varela de Senda Nova.
