Un podcast de historias contadas en primeira persoa Facer memoria é un proxecto no que a veciñanza dos concellos participantes ten unha serie de encontros con compoñentes da compañía Berrobambán. Nesas xuntanzas compartimos historias e anécdotas directamente relacionadas co lugar, e así, entre contos e conversas, tentamos reconstruír parte da memoria local. Este podcast recolle… Seguir lendo Facer memoria
Etiqueta: Teatro
O Crime da Orca Vella
“O crime da Orca Vella” é unha ficción sonora realizada pola Aula de Teatro Municipal de Fisterra. Unha historia encadrada no xénero “Quen o fixo?”, na que unha investigadora afeccionada e a súa axudante, percorrendo a paisaxe sonora de Fisterra, intentarán descubrir cal dos habitantes da vila levou a cabo un crime cuxa vítima está… Seguir lendo O Crime da Orca Vella
Cultura a todas Luzes
A actualidade da cultura galega nun podcast a dúas voces e diversas luces: literatura, teatro, música, exposicións…entrevistas e debates nun ton desenfadado.
Axenda Cultural
Recompilación semanal dos principais eventos culturais da comarca de Compostela.
A Palleira
Un programa de entrevistas no que atoparás conversas de persoas da cultura e da nosa contorna. Falamos arredor de cousas interesantes das súas vidas, pero tamén do cotián.
Consello da Cultura Galega
Podcasts de ficción producidos polo Consello da Cultura Galega.
Radio Ingrávida
Teatro, cultura, comunidade na Radio Ingrávida, a radio da antiga sala teatral, con Irene Moreira.
Lapis e papel
Podcast radiofónico en lingua galega que trae a actualidade das artes escénicas e axenda teatral de Vigo e a súa comarca. Presentado por Fabián Bastos.