Ola, boas, chámome Patty Castro son vocalista e locutora e son a creadora de Contacontos en galego, este proxecto nace da experiencia como nai, que cría as súas fillas intentando que teñan aceso a contos e material educativo e de lecer en galego. E tamén do meu amor pola locución e a promoción e visibilidade das actividades para os cativos.

Contacontos en galego nace da experiencia como nai, que cría as súas fillas intentando que teñan aceso a contos e material educativo e de lecer en galego, e tamén nace do meu amor pola locución sobretodo en galego.
E isto que é? Este é o gato que pillou a pega que roubou o anel da princesa do Caurel.
E isto que é? Conto acumulativo clásico, mais cun desenlace e cunha forma de presentación adaptados, que recupera os elementos máis típicos das series que aparecen na tradición europea: gato, can, pau, lume, agua.
Con este tipo de contos, os nenos aprenden a establecer conexións, e a partir de aí, a xeneralizaren e mesmo a faceren predicións.
Autor , Maria Luisa Nuñez Alvarez (Autor)
Javier Solchaga Zubillaga (Ilustrador)
música de Almudena Janeiro
Gravado e producido por Patty Castro
para contacontos en galego mes de febreiro de 2022
