Ao igual que o esqueleto de Castelao, aquí contamos contos en lingua galega. Contos de Galicia ou de calquera nacionalidade traducidos ao galego, e tamén fragmentos de grandes obras.
Cousas que se contan… escoita!

Ao igual que o esquelete de Castelao, aquí contamos contos en lingua galega. Memorias doutros tempos. Contos de Galicia (ou de calquera nacionalidade traducidos ao galego) e tamén fragmentos de grandes obras. Cousas que se contan… escoita!
“Aquel ollo de vidro que de nada me servira na vida sérveme
agora para mirar. Tolo de contento quitei o ollo, deille catro bicos e volvino a pór no seu sitio.”
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é máis que “outro escritor” en lingua Galega. Castelao é un símbolo para Galicia como un dos pais do nacionalismo galego, e neste “Un Ollo de Vidro, Memorias dun Esquelete” expresa parte do seu pensamento na forma dos contos dun “habitante” nun cemiterio de cidade.
Hoxe traemos ao noso podcast “Un Ollo de Vidro”, o relato que fai realidade o título deste espazo.
Coas voces convidadas de Celia Riande e Ramiro Santos.
Voz e realización, Isidro Cea
