Benvidos a Estremonía! O podcast onde falamos de como (mal)tratamos o noso Patrimonio Cultural. Chapuzas, cafradas, feísmo e esquecemento. Todo dunha forma amena, cun pouquiño de humor e intentando entender por que acontecen estas cousas e que podemos facer para evitalo.
Categoría: _Activo
As Bichas
As Bichas somos Rosi & Sofi. Xornalistas serias que neste podcast facemos de reporteiras dicharacheras. Sobreanalizamos temas que nos resoan e para os que nin nós mesmas temos respostas. Se cadra non as hai.
13 Avisos
Un podcast que mete medo Un podcast de Berrobambán, NVelar e Edicións Xerais de Galicia escrito, dirixido e presentado por Paula Carballeira. Este podcast naceu a partir dun libro, publicado por Edicións Xerais en galego, que á súa vez xurdiu dos obradoiros sobre historias de medo que Paula Carballeira imparte en centros de ensino coma… Seguir lendo 13 Avisos
Canto Conto
Que é Canto Conto? Son MJ Pérez, coñecida pola miña faceta como cantautora mais son comunicadora tamén. Quero compartir co público dun xeito próximo e entretido a realidade dos nosos camiños e do noso traballo. Converso con persoas que para min son de grande interese por diversos motivos e só agardo que atopedes nestas conversas… Seguir lendo Canto Conto
1 dia, 1 jogo
Un micropodcast de Recuncho Gamer no que en cada programa pararemos nun videoxogo e que supón para as distintas persoas que irán pasando por este espazo.
Onda Ciencia
ONDA CIENCIA é un proxecto de divulgación científica en formato radiofónico, realizado conxuntamente por CUAC FM e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña (Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte). ONDA CIENCIA aborda diferentes temáticas de actualidade dende unha perspectiva crítica e baseada na evidencia científica. O formato do programa é… Seguir lendo Onda Ciencia
Fusco
Fusco. A Crónica Negra da Galiza é o falangullo da crónica negra da Galiza. Ao longo dos episodios falaremos de crimes reais e misterios non resoltos que configuran a historia máis fusca do noso país. Historias que, desde logo, merecen ser contadas. Síguenos no Instagram e no Facebook de Parola Comunicación para estar ao día!
Os contos da miñoca
O podcast do Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Coordina o Departamento de Música Tradicional en colaboración co EDLG do centro. Presenta o músico e docente Cristian Silva. Videopodcast no youtube do centro: youtube.com/user/cmusvigo
Me cagho no demo de Anllóns
Diana traballa de asesora de empresas, ten un nivel económico aceptable, non tan bo como lle gustaría, pero aceptable; e, aínda así, gusta de aproveitar as cousas que atopa a carón dos colectores do lixo para decorar a súa casa. Goza tanto do aforro como do proceso de restauración. Un día atopa unha cadeira de… Seguir lendo Me cagho no demo de Anllóns
Podcast Tortuga
Onde repasaremos os resultados das probas do trail galego cada fin de semana, algún convidado, previas das carreiras e recomendacións de inscricións das probas máis salientables.
Radio Xerigonza
Radio Xerigonza é un podcast onde falamos de todo e de nada. Pero non te vaias pensar, porque traemos a lección aprendida! A cousa é simple: en cada episodio cada un de nós prepara un tema que lle interese e contámosllo ao outro. Fácil, non si? Pois veña!
As Conversas do Moucho
Miguel Vázquez Freire dirixe e presenta nas ondas de Radio Neria, a radio municipal de Corcubión, unha nova serie de conversas con filósofos, filósofas e autores de libros de ensaio e pensamento galegos. Serán conversas longas, demoradas, que irán aparecendo cada tres venres alternando co seu outro programa, O MOUCHO E OS MITOS.
Laretando
Benvidos a ‘Laretando’, o novo podcast do Galicia Confidencial. Pero xa vos aviso que aquí non ides encontrar nada serio, que para iso xa temos o xornal. A nós o que nos gusta é o ‘salseo’, e por iso creamos este podcast para falar con creadores de contido galegos. Xa que está moi de moda… Seguir lendo Laretando
Galiportus
Galiportus é un podcast que busca redefinir o coñecemento xeral acerca das intensas relacións socioculturais existentes entre Galiza e Portugal. Contidos de actualidade, lingua, historia e historias, natureza, turismo, patrimonio, protagonistas da música ou da cultura. Lendas, xentes, ideas. Proxectos e realidades transfronteirizas. Todo en clave galaico-portuguesa.
Palabras Voadoras
Eu penso que ler tamén é unha forma de vivir, unha forma de vivir fonda e plena grazas ao talento e traballo impagable das persoas autoras destas palabras que leo. Palabras voadoras é unha colaboración de Luís Losada desde a cidade de Pontevedra para SEMPRE EN GALICIA, programa de radio en galego todos os sábados… Seguir lendo Palabras Voadoras
O Faiado
Este Faiado non é o que se atopa na parte máis alta das vosas casas, non. Para subir ao noso faiado, só hai que escoitar todas as conversas que gardamos con moita ilusión para vós. Unha vez dentro, atoparedes o último dos podcasts galegos (e en galego). Pero, de que imos falar no Faiado? Os… Seguir lendo O Faiado
A Caixa Negra Da Nostromo
Un podcast de cine realizado por 3 doutores en ciencias fílmicas pola universidade do Emule.
Marmodcast
BENVID@ A MARMODCAST. En cada episodio traémosvos contido relacionado co audiovisual, a música, a interpretación… En definitiva, o sector cultural. Se non tenemos cultura, non somos ninguén. Presentado por Fran Rivas.
Avante LGBT+ Pontevedra
Repositorio en audio das actividades e palestras do colectivo Avante LGBT+ na cidade de Pontevedra. Somos unha organización LGBT+ anticapitalista, feminista e galega. Se queres enterarte de todo o que organizamos ou queres participar connosco, as nosas redes son @AvantePonte no Twitter e @AvanteLGBTPontevedra no Instagram.
Galiza Metálica
GALIZA METÁLICA é o programa de radio especializado en metal conducido por Patty Castro creadora de Mulleres Galegas Kañeras, vocalista e divulgadora cultural e Filipe Marta, histórico locutor portugués do mítico S.O.S. Metal Radio Show. Sonamos cada semana en: 106.0 FM → Braga (Portugal)106.1 FM → Radio Piratona (Vigo)93.9 FM → Radio Filispim (Ferrol e… Seguir lendo Galiza Metálica
cassete baldeira
um podcast que serve como crónica da vida dum rapaz chamado isaac que fala sobre como está a ser para ele viver em madrid por trabalho, encontrar o seu lugar nessa cidade, conhecer gente ou ajudar-se da cultura para sobrelevar a morrinha e a soidade.
Crunia Fala
Trátase dun programa semanal dunha hora de duración, desde o que dar voz ós veciños e veciñas da Coruña. Esta cidade está en continuo movemento, ten unha serie de asociacións veciñais e empresariais moi activas. Toda esa iniciativa exprésase amplamente en redes sociais, medios de comunicación ou na rua, pero creo que gañaría moito se… Seguir lendo Crunia Fala
Cercáronme as ondas
O día a día sonoro do IES Mendiño: actividades, proxectos e todo o que interese a quen se achegue aos micros de RQR, a radio do IES Mendiño.
Entreliñas
Entreliñas, un podcast de libros, bibliotecas e máis.Trátase dun podcast literario destinado a dar a coñecer a actualidade literaria galega a través das bibliotecas públicas.Trátase dun programa en formato magazine radiofónico presentado por Teresa Cuiñas e Eva Mejuto no que tratan diferentes aspectos sobre o mundo da literatura, a edición, a lectura, etc. Un proxecto… Seguir lendo Entreliñas
