BENVID@ A MARMODCAST. En cada episodio traémosvos contido relacionado co audiovisual, a música, a interpretación…
En definitiva, o sector cultural. Se non tenemos cultura, non somos ninguén.
Presentado por Fran Rivas.

BENVID@ A MARMODCAST. En cada episodio traemos contido relacionado co audiovisual, a música,
a interpretación…
En definitiva, o sector cultural. Se non temos cultura, non somos ninguén.
Presentado por Fran Rivas.
Marmodcast. O teu podcast!
Moi boas! Esta semana en Marmodcast temos a Jose Turvegal e o seu ” Diario Turvegal ”, cun novo comentario. Seguimos cunha
nova entrega de Andrés Romero coa sección de ” O Recunchiño ”, divertido e entretido coma sempre, onde falamos sobre a Gala e o Palmarés dos Premios Mestre Mateo así como dos Óscars, tamén unha pincelada de actualidade. Un breve paso pola experiencia de Andrés no programa Quen Anda Aí? da TVG, e como non de Recantos, dentro do Luar. Anunciamos oficialmente para todo o mundo o Concerto dos Recanteiros do Luar o Sábado 15 de Abril no Auditorio Manuel Dopazo de A Bandeira, Silleda, onde van estar: Arián, Oliver Insua, Isabel Barría, Izar Rodríguez, Moisés Cerezo, Mar Brey, Lucía García, Daniella Castro, Gloria Cespón, tamén Nerea Brecht, e coa actuación estelar, máis a presentación do evento a cargo do Ex Recanteiro, dende Silleda
o gran Mixel Lorenzo!
Audiovisualmente falando comentamos máis contidos que ten a produtora audiovisual galega Voz Audiovisual, coas series ” Urxencia Cero ” (e o seu spin-off ” Tac ”),
” O Final do Camiño ”, ” Nada É Para Sempre”,
” A Estiba ”, ” Néboa ”, ” As Leis de Celavella ”,
” A Miña Sogra e Mais Eu ”, ” A Vida Por Diante ”
e por último ” Terra de Miranda ”.
Así como as recomendacións de Andrés nas que salientamos a serie ” Cuarto Sen Ascensor ”, a película
” Matria ” e o podcast ” El Cuarto De Los ratones ”, dirixido por Carlos Tresandí e presentado por Pablo Sangiao.
Na entrevista e conversa temos de convidada á actriz, directora e pedagoga Mariana Carballal.
Unha gran figura do audiovisual galego, fíxose moi popular a raíz da súa participación en ” Os Tonechos ”. Actualmente é profesora na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia (A ESAD de Galicia), situada en Vigo. Precisamente cando se publica este podcast, o día 23 de Marzo é galardoada xunto a María Castro como Viguesa Distinguida, pola súa traxectoria no mundo Audiovisual e o da Interpretación, así como o seu
traballo e a defensa do Feminismo.
Falaremos con ela sobre estas cousas e máis, en conxunto para coñecer e saber máis cousas dende outro punto de vista.
Lembrade seguirnos en Instagram en , @soy_franfjrs_oficial, @andres9romero e en @fjrs_audiovisual.
Facebook nos perfís de Andrés
Romero Gallego e Fran RS.
music by audionautix.com
Este Podcast está subido a Castbox e a Google Podcast, e tamén en Podgalego. Plataformas e páxinas perfectas se queres comezar neste mundo tan interesante e que ten moito por descubrir.
Animámosvos a aventurarvos e crear contido!
E estade atentos cada semana ó novo episodio.
Xa sabedes, Marmodcast, O teu podcast!
