GALIZA METÁLICA é o programa de radio especializado en metal conducido por Patty Castro creadora de Mulleres Galegas Kañeras, vocalista e divulgadora cultural e Filipe Marta, histórico locutor portugués do mítico S.O.S. Metal Radio Show.
Sonamos cada semana en:
106.0 FM → Braga (Portugal)
106.1 FM → Radio Piratona (Vigo)
93.9 FM → Radio Filispim (Ferrol e Terra de Trasancos)
Tamén podes escoitarnos online a través das plataformas destas emisoras ou en formato podcast en iVoox, Spotify, iTunes e Podgalego.
Un programa internacional e bilingüe (galego e portugués), adicado a:
- Dar visibilidade ás bandas galegas
- Potenciar ás mulleres metaleiras
- Fomentar o uso das linguas peninsulares e universais como pontes de unión
GALIZA METÁLICA: metal sen fronteiras, feito con paixón e berros de resistencia.

Galiza Metálica
Metal en galego e portugués, sen fronteiras.
Programa de radio creado por Patty Castro en outubro de 2021, actualmente semanal e de 3 horas de pura potencia. Conducido por Patty Castro & Filipe Marta (S.O.S. Metal Radio Show), unha parella dentro e fóra das ondas.
O noso obxectivo: dar visibilidade ao metal galego, ibérico e latinoamericano, fusionando culturas e linguas. Destacamos tamén a sección “Mulleres Galegas Kañeras”, para poñer en primeira liña ás mulleres do metal galego e internacional.
Metalizando á rapazada: con Aldara e Ariadna, achegamos o metal ás novas xeracións e preparamos o relevo.
Cada programa:
🎸 Entrevistas a bandas.
🤘 Novidades e concertos.
🔥 Actualidade e cultura do metal.
📻 Sintoniza con nós:
Antena Minho 106.0 FM (Braga) → Luns 00:00 | Domingo 01:00
Radio Piratona 106.1 FM (Vigo) → Mércores 22:00 | Venres 12:00
Radio Filispim 93.9 FM (Ferrol – Terra de Trasancos) → Venres 16:00
Tres horas de potencia, cultura e metal sen límites.
GALIZA METÁLICA 158 – NOVIDADES INTERNACIONAIS
O metal non para e en Galiza Metálica traemos unha nova entrega cargada de novidades internacionais, riffs contundentes, velocidade, melodía e escuridade. Heavy, power, thrash, death, black e moito máis nun programa para descubrir novos sons e seguir de preto a actualidade metálica.
Unha nova playlist, 35 temas e metal sen fronteiras!
Escoita Galiza Metálica con Patty Castro e Filipe Marta, tres horas de metal en galego e portugués.
Sintoniza os nosos diales:
Antena Minho – 106.0 FM (Braga)
Radio Filispim – 102.3 FM (Ferrol)
Radio Piratona – 106.1 FM (Vigo)
Apoia as bandas, comparte o metal e dálle volume!
#GalizaMetálica #NovidadesInternacionais #Metal #MetalGalego #HeavyMetal #RadioMetal #MetalSinFronteiras

