Trátase dun programa semanal dunha hora de duración, desde o que dar voz ós veciños e veciñas da Coruña. Esta cidade está en continuo movemento, ten unha serie de asociacións veciñais e empresariais moi activas. Toda esa iniciativa exprésase amplamente en redes sociais, medios de comunicación ou na rua, pero creo que gañaría moito se tivese un amplificador a maiores, un espazo propio.
Esa é a idea coa que nace CRUNIA FALA, O Podcast que se escoita pola Radio.
En Cuac FM 103.4 os sábados ás 12h.

Podcast – Crunia Fala
O podcast voceiro dos veciños da Crunia
01×21 Coñecendo a Revolución Veciñal de O Birloque – Martinete
No episodio desta semana:
- Contamos coa achega dun oínte que reflexiona sobre o que pode supoñer “o aumento de presenza policial ” nas rúas da nosa cidade, e cómo se debería facer
- A continuación presento unha nova sección, “Crunia en Novas”, na que reflexiono sobre algunhas noticias de prensa.
- Paula Cascallar regálanos “” unha das súas obras, neste caso fálanos das nosas “singularidades e a felicidade”.
- Remato coa entrevista a Ámar Basic, un dos membros do movemento veciñal nacido en “O Birloque – Martinete”.
Ligazóns de interés:
Neste episodio soa o tema Take My Breath Away da banda Berlín. Canle de Youtube da banda
O tema musical do programa é o tema “Redención” dos “Susie Q’s”

25 Febreiro, 2023
18 Febreiro, 2023
11 Febreiro, 2023
4 Febreiro, 2023
28 Xaneiro, 2023
21 Xaneiro, 2023
Search Results placeholder