Un podcast que mete medo
Un podcast de Berrobambán, NVelar e Edicións Xerais de Galicia escrito, dirixido e presentado por Paula Carballeira.
Este podcast naceu a partir dun libro, publicado por Edicións Xerais en galego, que á súa vez xurdiu dos obradoiros sobre historias de medo que Paula Carballeira imparte en centros de ensino coma o IES Cacheiras de Teo ou o CEIP Trabenco de Leganés.
Nos 13 capítulos do podcast atoparedes unha Paula ao máis estilo Hitchcock, historias cheas de intriga e misterio, algunhas delas incluídas no libro e outras de nova creación para alén doutras seccións que vos sorprenderán.
Un podcast de Berrobambán e NVelar escrito, dirixido e presentado por Paula Carballeira. Este podcast naceu a partir dun libro, publicado por Edicións Xerais en galego e por Diego Pun en castelán, que á súa vez xurdiu dos obradoiros sobre historias de medo que Paula Carballeira imparte en centros de ensino coma o IES Cacheiras de Teo ou o CEIP Trabenco de Leganés.
Nos 13 capítulos do podcast atoparedes unha Paula ao máis estilo Hitchcock, historias cheas de intriga e misterio, algunhas delas incluídas no libro e outras de nova creación para alén doutras seccións que vos sorprenderán.
O medo ao contaxio xurdiu con forza despois da pandemia de COVID do ano 2019, pero sempre estivo presente. Algúns relatos de terrorbeben del, e mesmo lle dan un xiro inesperado.
Deixamos para o episodio número 13 do noso podcast un dos temores que máis nos asustan e a entrevista coa recoñecida autora Ledicia Costas, que tanto ten escrito sobre o tema, en diferentes formatos e para lectoras e lectores de todas as idades.
Síguenos en https://www.instagram.com/berrobamban e participa nos sorteos de exmplares de 13 Avisos asinados por Paula Carballeira